O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Alabe-Cuadramón, nos concellos de Alfoz, Abadín e O Valadouro e solicitado pola empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A.
Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais poñerase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Industria.
-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
-Concello de Alfoz.
-Concello de Abadín.
-Concello do Valadouro.
Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.
Cuarto.-Unha vez rematado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
6818