Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se delega nos directores de tódolos centros públicos que impartan ensino primario e/ou secundario a competencia para entender acerca dos procedementos para a exención da materia de lingua galega.

Mediante o Decreto 216/1997, do 30 de xullo, procedeuse á creación e regulación do funcionamento do Servicio de Resposta Inmediata (Seri) para determinados procedementos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, de acordo cos principios informadores ós que debe someterse a actuación administrativa para conseguir unha maior axilidade e eficacia no seu servicio ó cidadán.

O Decreto 239/1997, do 10 de setembro, sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servicio de Resposta Inmediata, prevé na súa disposición adicional primeira que para a súa implantación no procedemento para a exención da materia de lingua galega no ensino primario e secundario, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá a delegación das competencias que nesta materia ostentan na actualidade os delegados provinciais da propia consellería en favor dos directores dos centros públicos de ensino primario e/ou secundario, para que as exerzan en relación cos alumnos matriculados nos seus centros ou naqueles dependentes ou adscritos a eles.

En virtude diso, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro.-Delegar nos directores dos centros públicos de ensino primario e/ou secundario radicados na provincia de Lugo a competencia para entender e resolve-los procedementos para a exención da materia de lingua galega promovidos polos alumnos matriculados nos seus centros ou naqueles dependentes ou adscritos a eles.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que a conferiu.

Terceiro.-En calquera momento, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá reclama-lo exercicio das competencias que se delegen mediante esta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da antes citada lei.

Lugo, 12 de setembro de 1997.

Ángel Fernández López

Delegado provincial de Lugo

7091