Vista a solicitude presentada por Catalina Arévalo Blázquez en representación da empresa Centro de Estudios Vértice e a documentación anexa, na que se solicita que se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.
Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria aprobada por Orde do 16 de xullo de 1981 (BOE do 13-8-1991), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de
instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e fíxase o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención destes.
Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos. Esta Dirección Xeral de Industria,
RESOLVE:
Renovarlle á empresa Centro de Estudios Vértice a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983.
Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.
Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
6559