Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997 pola que se lle concede ó Centro de Estudios Delta a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Jesús Feijóo Sumay en representación do Centro de Estudios Delta e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas, grupos IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos. Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgarlle a Centro de Estudios Delta a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual e actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na comunidade autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6506