Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/55-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. derivación a Santo Antoniño.

Situación: concello de Barro.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 307 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 75 da L.M.T. Tibo-Barro-Curro ata o apoio de derivación da L.M.T. ó C.T. de Lardoeiro, concello de Barro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 15 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6554