Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Curro.
Situación: concello de Barro.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.924 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 94 da L.M.T. Tibo-Arco, ata o apoio existente situado xuntao ó C.T. de Curro, concello de Barro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 15 de xullo de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6553