Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 7 de agosto de 1997, acordou:

Aprobar definitivamente a proposta de reparcelación voluntaria da unidade de actuación número tres, formulada en escritura pública outorgada o día 10 de abril de 1997, perante o notario de Carballo, Alfonso Goday Portals.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xutiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo) no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data do presente anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Laracha, 7 de agosto de 1997.

José Manuel López Varela

Primeiro tenente de alcalde

6481