Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

EDICTO.

Por acordo plenario do 26 de xuño do presente ano, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico Artístico (PERI) de Castro Caldelas, redactado polo arquitectos Luis Pérez de Juan Romero, Manuel Requejo Conde e María Jesús González López, e promovido por Concepción Salgado Varela.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co estable

cido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas do concello.

Castro Caldelas, 5 de agosto de 1997.

José Baldonedo Enríquez

Alcalde

6562