Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 327, que afecta o monte de Serráns, do lugar de Serráns, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos, desta provincia.

Reunido con data do 20 de xuño de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 327.

Monte: De Serráns.

Lugar: Serráns.

Parroquia: Mazaricos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 33,00 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Aro, nº 103-B do C.U.P. Norte: monte de Mazaricos, seguindo unha liña recta de 190 m que vai do piquete nº 66 ata o 27, no cruzamento de Cabalo Morto. Leste: monte público Santa Mariña, da parroquia de Maroñas, desde o piquete nº 27 ata o 33 seguindo a orde de piquetes; deste último segue 143 m na dirección sur pola liña de deslinde ata chegar á Pedra da Leira. Sur: monte de Insua, por unha liña recta de 230 m. trazada desde a Pedra da Leira ata o piquete 53. Con propiedades particulares do lugar de Serráns desde o piquete nº 53 ó 54 e 55. Oeste: propiedades particulares do lugar de Serráns, desde o piquete nº 55 ó 66 seguindo a orde de piquetes.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 23 de maio de 1995, por instancia dos veciños do lugar de Serráns, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos, nomeándose como instructor a Ramón Olano Calleja, e debido á xubilación deste, a Alfonso Vázquez-Castro Garma, e tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Serráns, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos, o denominado monte de Serráns, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de

Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6495