Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/137-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. enlace Xesteira-Campo, Deriv. C.T. Torre-Samiráns.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.493 m de lonxitude, en conductor LA-56, que xunta as L.M.T. Lemaio-Xesteira (expediente 51448) e a L.M.T. Bastón-Campo da Porta (expediente 50598). Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6909