Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 25 de xuño de 1990.

De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 1453/90 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 25 de xuño de 1990, pola que se acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial de pro

moción privada, e da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-1453/90 interposto por Mª Begoña Salgueiros López, contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Pontevedra, do 25 de xuño de 1990, pola que se acordou denega-la concesión da subvención a Mª Begoña Salgueiros López para adquisición dunha vivenda de protección oficial de promoción privada, sita en Avda. Fragoso, 48-3º B Vigo (Pontevedra); resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artígo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5641