Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 8.972

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 234/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en pesca e transporte marítimo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 724/1994, do 22 de abril, estableceu o título de técnico en pesca e transporte marítimo e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de Formación en Centros de Traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de Formación en Centros de Traballo, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na

súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículum que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico en pesca e transporte marítimo regulado polo Real decreto 724/1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realización e criterios de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste Decreto.

3. Currículo do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan, se é o caso, no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

1. As persoas que acceden mediante proba a este ciclo formativo poderán unha vez que o superen cursa-las modalidades do bacharelato indicadas no apartado 4.3.1 do anexo deste decreto.

2. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou corres

pondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.3.2 e 4.3.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 8º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.4. do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente Decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiado de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

1.1. Denominación: pesca e transporte marítimo.

1.2. Nivel: formación profesional de grao medio.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Xestionar e executa-la administración do buque. Controlar e conduci-la súa navegación e derrota en tódalas condicións. Organizar e executa-las actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados; organizar e executa-las actividades de transporte marítimo, todo isto en condicións de seguridade e res

pectando a normativa nacional e internacional establecida.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidades técnicas:

-Elabora-los procedementos administrativos e laborais requiridos polas autoridades marítimas para a saída/entrada do buque debidamente despachado.

-Tomar datos e interpretalos para goberna-lo buque de forma segura.

-Distribuír convenientemente a carga nos espacios internos do buque, así como en cuberta, mantendo en todo momento os parámetros de estabilidade, flotabilidade e trimado do buque que establecen, para as distintas condicións de carga, os seus caderniños de estabilidade e trimado e os criterios sobre estabilidade aplicables que fixa a Administración.

-Realizar de forma autónoma operacións extractivas, operando cos equipos de detección, extracción e elaboración, considerando e controlando a calidade final dos productos da pesca.

-Realizar comunicacións cos equipos dispoñibles a bordo mediante procedementos normalizados nas diferentes situacións.

-Executa-las modificacións necesarias nas manobras de pesca que posibiliten en situacións adversas a continuidade na súa execución.

-Executar un conxunto de accións, de contidos politécnicos e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

-Realizar con visión de conxunto as manobras e operacións fundamentais da navegación do buque que acaden o rendemento óptimo da extracción pesqueira e, no seu caso, do transporte marítimo.

-Participar, xunto co mando superior e inspector da casa armadora, nas probas, melloras e ensaios que presenten un óptimo aproveitamento das instalacións.

* Capacidade para afrontar continxencias:

-No caso de emerxencia, actuar con prontitude e destreza, aplicando o plano de seguridade e utilizando os medios e medidas tipificadas necesarias en caso de emerxencia.

-Controlar situacións de emerxencia non tipificadas.

* Capacidade para a dirección de tarefas:

-Xestiona-los procedementos administrativos e laborais requiridos polas autoridades marítimas para a saída/entrada do buque debidamente despachado.

-Dirixir de forma autónoma operacións extractivas, operando cos equipos de detección, extracción e elaboración, considerando e controlando a calidade final dos productos de pesca.

-Dirixir un conxunto de accións, de contidos politécnicos e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técncias propias da súa profesión.

-Dirixir con visión de conxunto as manobras e operacións fundamentais da navegación do buque, que acaden o rendemento óptimo da extracción pesqueira e, se é o caso, do transporte marítimo.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

-Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Adaptarse a situacións técnicas diversas que inclúan a mobilidade laboral cara outras actividades.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía no/a:

-Mando de buques con limitacións, dedicados á pesca e/ou ó transporte de carga, con excepción de buques tanque e/ou con cargas perigosas.

-Garda de navegación en buques con limitacións.

-Establecemento das comunicacións co exterior nas condicións de idioma e procedemento que a situación lle requira.

-Despacho e administración económica e laboral.

-Manexo dos medios de carga, descarga e equipo de manobra.

-Interpretación correcta da información polos equipos electrónicos para evitar abordaxes, varadas e demais situacións que poñan en perigo a integridade do buque.

-Operacións de elaboración do peixe e a súa conservación.

-Interpretación da información obtida nos equipos de detección da pesca.

-Análise de prediccións meteorolóxicas.

-Armado e reparado das artes e aparellos de pesca.

-Manobra de longar e vira-la arte ou o aparello de pesca.

-Organización e control da seguridade no traballo e no buque.

-Operacións de carga, descarga, trimado e estiba.

-Manobra do buque en portos, radas, zonas restrinxidas e situacións de emerxencia.

-Trazado da derrota do buque.

-Asistencia sanitaria a enfermos e accidentados.

-Operacións de elaboración, conservación e acondicionamento dos productos obtidos.

2.4. Unidades de competencia.

1. Obte-los despachos do buque previos á saída ou chegada ó porto.

2. Realiza-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque.

3. Controla-la navegación e a derrota do buque en tódalas condicións.

4. Organizar e executa-las actividades extractivas e de conservación do producto obtido.

5. Organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: obte-los despachos do buque previos á saída ou chegada ó porto.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Obte-los despachos do buque cumprindo as disposicións regulamentarias que lle permitan saír ó mar en tempo e forma adecuados.-A declaración de sanidade foi feita en tempo e forma adecuada á entrada/saída do buque do porto.

-O manifesto da carga foi debidamente cumprimentado e presentado á aduana en tempo e forma adecuados.

-A lista de provisións e a relación de tripulantes están debidamente cumprimentadas segundo normas e criterios nacionais e internacionais e, se procede, en idioma inglés.

-Os certificados do buque están debidamente actualizados e os documentos cumprimentados.

1.2.Cumpri-los requisitos administrativos e laborais establecidos na normativa vixente.-A protesta de mar por avaría, naufraxio, arribada, abordaxe e ataque ou despoxo da nave, foi feita en forma e tempo adecuados.

-As reclamacións por avarías foron presentadas en tempo e forma adecuados.

-Os recoñecementos do buque, establecidos polas sociedades clasificadoras, fixéronse coa periodicidade e na forma establecida nas pólizas.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os contratos da tripulación foron visados segundo normas nacionais.

1.3. Verificar que o aprovisionamento e estiba das vituallas e provisións estean en condicións adecuadas.-Os pedidos de vituallas, provisións e consumos realizáronse segundo inventarios e necesidades demandadas e, se procede, en idioma inglés.

-As provisións de boca están estibadas en condicións hixiénico-sanitarias correctas.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: patente de navegación. Certificado de inscrición no Rexistro Mercantil. Contratos de traballo dos tripulantes. Cadro de organización dos servicios a bordo. Rol de despacho e dotación. Diario de navegación. Diario do servicio de radiocomunicacións. Acta de probas de estabilidade. Certificado de arqueo. Certificado internacional de franco-bordo. Certificado de navegabilidade. Certificado de seguridade de material de armamento. Inventario do equipo de seguridade. Certificado de recoñecemento e inspección de balsas salvavidas. Certificado de recoñecemento e táboa de desvíos. Licencia de estación de barco. Certificado de seguridade radiotelegráfica e radiotelefónica. Certificado de recoñecemento sanitario do buque. Certificado de desratización. Certificado de recoñecemento do equipo de pesca. Diario de pesca. Libro de contabilidade. Cadernos de navegación dos tripulantes.

Lista nominal de tripulantes. Declaración xeral. Manifesto de entrada ou saída. Manifesto da tripulación. Despacho de aduanas. Despacho de sanidade. Listado de vituallas e provisións. Inventario de lubricantes, consumos e augada. Acta de defunción. Protesta de mar. Partes de avarías. Certificado de arqueo. Pólizas de fletamento.

Procesos, métodos e procedementos: solicitude de despacho de buque. Declaración xeral. Declaración marítima de sanidade. Manifestos da carga e da tripulación. Asentos no diario de navegación para caso de delicto cometido a bordo. Parte á autoridade de mariña ou consular. Protesta de mar. Libros de carga. Coñecementos de embarque.

Información: natureza, tipo e soportes: normas sobre despacho do buque por aduanas, sanidade e capitanía de porto. Regulamento de recoñecemento de buques e embarcacións. Disposicións do código de comercio. Convenio de Xenebra de 1958 sobre mar aberto. Convenio de Bruxelas de 1957 sobre limitación de responsabilidade civil. Convenios de Bruxelas de 1952 sobre competencia penal e civil en materia de abordaxes. Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar de 1974. Protocolo de 1978 e normas complementarias nacionais. Pólizas de seguro marítimo. Regulamentación nacional do traballo de pesca marítima. Vocabulario marítimo. Organización Marítima Internacional (O.M.I.).

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: autoridades marítimas, sanitarias, de aduanas e consulares. Persoal de fonda, cuberta, elaboración e máquinas.

Unidade de competencia 2: realiza-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Executar e controla-las operacións de estabilidade e trimado cumprindo as normas de segu

ridade establecidas.

-A carga foi correctamente estibada para cumpri-los criterios sobre estabilidade e trimado.

-A carga foi convenientemente asegurada para evitar corrementos.

-A auga embarcada en cuberta por mal tempo pódese mover con liberdade cara ás portas e embornais, sen producirse redencións.

-A estabilidade inicial foi obtida mediante a realización da experiencia de estabilidade.

-Tódolos zapóns, portas, portelos, ventilacións e calquera abertura pola que pode entrar auga a bordo foron comprobadas e están en condicións de facer peches estancos.

-O franco bordo cumpre rigorosamente, segundo os criterios de flotabilidade establecidos para o buque, en tódolos estados e condicións de carga e lastre.

-Tomáronse as adecuadas medidas para evitar que o tiro das artes, izado de redes con haladores mecánicos ou as artes de arrastre, enganchadas no fondo do mar, non prexudiquen a estabilidade.

-As operacións de trasfega, enchido e baleirado de fluídos contidos en tanques, foron realizadas cumprindo os criterios de estabilidade establecidos para o buque.

-Tódalas operacións foron rexistradas no caderno de bitácora.

-Os pañois de vituallas arrancháronse de forma ordenada e a son de mar.

2.2. Manexar pesos suspendidos utilizando os medios mecánicos adecuados en tempo, forma e seguridade marcados.-Os aparellos empregados para izar e trasladar pesos cumpren a normativa establecida no libro de medios de carga e descarga e se manteñen en boas condicións de funcionamento.

-As operacións de revisión e mantemento dos aparellos son rexistradas convenientemente no libro de rexistro dos medios de carga e descarga.

-Os equipos mecánicos de izar e arriar manéxanse observando as medidas de seguridade establecidas, tanto por parte dos manipuladores como polas persoas que cooperan ou están en zona de operacións.

2.3. Manexa-los elementos mecánicos nas manobras de atraque, desatraque e fondeo.-As operacións de destrincaxe e alistamento do molinete para apear e arria-la áncora fanse con rapidez e eficacia.

-A arriaxe de emerxencia e fiado de cadea faise baixo o control do freo e dentro dos límites admisibles de seguridade.

-Os cabos e cables de amarre foron virados correctamente co cabrestante ou cabiron, manténdoos baixo tensión e pasándoos ós puntos de amarre mediante bozas.

-A comunicación coa ponte de mando é clara e concisa en todo momento.

RealizaciónsCriterios de realización

-As escalas de portalón, pranchas ou escalas de práctico foron montadas e afirmadas segundo normas interna

cionais de seguridade.

2.4. Manobra-lo buque observando as regras marítimas e hábitos mariñeiros dunha boa navegación.-Os equipos de goberno foron comprobados periodicamente durante a navegación, así como antes da saída ou chegada ó porto ou fondeadoiro, asegurándose do seu bo funcionamento e dispoñibilidade.

-O goberno do buque foi realizado empregando as voces normalizadas de «ordes ó temoeiro» e, se procede, en idioma inglés.

-A capacidade de manobra do buque, así como o tempo que se precisa para a inversión da marcha, foron avaliados correctamente para realiza-las manobras de atraque, desatraque, fondeo ou navegacións por zonas restrinxidas e manobra de home á auga.

-O paso de goberno automático a manual e viceversa fíxose coa precisión adecuada, asegurando unha rápida manobra en caso necesario.

-As manobras do buque con respecto ás demais embarcacións e ás regulacións establecidas en cada zona realizáronse de acordo coas regras, normas e hábitos mariñeiros.

-O embarque e desembarque do práctico realizouse en boa práctica mariñeira, segundo os usos e costumes, cumprindo a normativa establecida e, se procede, en idioma inglés.

-O oficial de garda transmitiu ó temoeiro as ordes do práctico, traducidos ó inglés se procede, comprobando a súa correcta execución.

-En réxime de manobra tódolos acaecementos, desde atención a listas de máquinas foron rexistrados no caderno de bitácora.

2.5. Organizar e dirixi-las operacións de emerxencia para efectua-la busca e rescate de náufragos no mar.-A manobra de home á auga e a súa posterior busca, realizouse segundo as normas habituais de navegación para estes casos, establecéndose medidas de vixilancia e rastrexo máis convenientes segundo as circunstancias.

-A manobra de busca e rescate, así como as operacións con aeronave realizáronse segundo procedementos e métodos establecidos por normas e regulamentos.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: telemotor de goberno, axiómetro, clinómetro, servomotor de goberno, telégrafo de manobra, teléfono de servomotor, asubío, vista clara, xogo de bandeiras do Código Internacional (C.I.) de sinais, lámpada morse, aldis, maquiniña, molinete, puntais, densímetro, defensas de man, tubo acústico, zapóns, portas estancas, bitas, guías, gateiras, escala de gato, aros salvavidas, azafrán, motóns, pastecas, tensores, gardacabos, grillóns, ganchos, lanteon, palanquín, cadernal, rezón, áncora, cadea, estopor, cabos, cables, mordazas, trincas, hélice, trancanís, portas de desaugue, embornais.

Procesos, métodos e procedementos: fondeo de embarcación, manobra de atraque/desatraque. Buque

en calados. Correccións por superficies libres. Cálculo de estabilidade e trimado. Embarcado/desembarcado práctico. Almacenado e trincado en pañois de vituallas. Almacenado de provisións en gambuzas. Métodos de busca e rescate, operacións con aeronaves. Manobras de rescate de náufragos desde o mar. Procesos de carga/descarga e estiba/desestiba. Pór un buque en calados.

Información: natureza, tipo e soportes: Convenio Internacional sobre liñas de máxima carga de 1966. Regulamento internacional de 1972 para previr abordaxes no mar. Regulamento de recoñecemento de buques e embarcacións de 1971. Criterio internacional de estabilidade da Organización Marítima Internacional (O.M.I). Convenio Internacional para a seguridade da vida humana no mar de 1974 e protocolo de 1978 coas normas complementarias nacionais. Normas para a realización da proba de estabilidade. Código internacional de sinais por bandeira, lampexos e acústicos.

Planos de formas do buque. Curvas hidrostáticas. Planos de disposición xeral, capacidades e coordenadas do centro de gravidade de bodegas e tanques. Curva de evolución.

Diario de navegación. Caderno de bitácora. Caderniño de estabilidade e trimado. Caderno de carga e descarga. Caderno de manobra. Certificado de navegabilidade. Manual MERSAR e manual IMOSAR. Vocabulario marítimo O.M.I.

Unidade de competencia 3: controla-la navegación e a derrota do buque en tódalas condicións.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Manter actualizadas e organizadas as publicacións e a documentación náutica do cuarto de derrota, tendo en conta as viaxes que se van realizar.-As cartas, publicacións náuticas e documentos foron postos ó día, empregando as edicións máis recentes.

-As cartas e publicacións náuticas foron corrixidas cos últimos avisos ós navegantes, facendo as anotacións correspondentes nas fichas e rexistros.

-As cartas electrónicas foron corrixidas, utilizando información Navtex ou de calquera outra fonte.

-Tódolos documentos, cartas e publicacións náuticas foron ordenadas e dispostos para a súa doada localización.

-As cartas e documentos da viaxe foron seleccionadas en función da derrota prevista.

3.2. Controla-la derrota do buque, identificando a súa posición e tomando as decisións adecuadas.-As augas seguras e zonas perigosas polas que vai navega-lo buque foron identificadas e delimitadas con precisión sobre a derrota do buque.

-Os rumbos e distancias da derrota trazada sobre a carta foron medidos con precisión.

-A posición estimada foi fixada tendo en conta os parámetros aproximados polos que se move o buque.

-A corrección total da agulla obtívose con precisión, utilizando marcacións e demoras terrestres ou astronómicas.

RealizaciónsCriterios de realización

-As demoras e marcacións tomadas das axudas á navegación (faros, costas, enfilacións) foron medidas, corrixidas e trazadas correctamente sobre a carta obténdose a posición, rumbo e velocidade, así como os abatementos do buque sobre o fondo.

-Os datos obtidos foron rexistrados no caderno de bitácora.

3.3. Fixa-la posición do buque por medio dos equipos electrónicos de navegación.-O equipo electrónico de posicionamento foi sintonizado segundo a zona xeográfica na cadea correcta, cando foi necesario.

-Á información obtida nos equipos electrónicos de posicionamento aplicóuselle a corrección por erros fixos ou variables de propagación ou emisión, utilizando as táboas ou avisos, se fora necesario.

-O trazado das liñas de posición nas cartas especiais fíxose utilizando as escalas adecuadamente.

-Os datos obtidos da ecosonda utilizáronse tendo en conta os posibles erros e marxes de exactitude.

3.4. Interpreta-la información meteorolóxica, identificando as variables que poden altera-la derrota do buque e a súa seguridade.-As variables meteorolóxicas (vento, presión, visibilidade, humidade, nubosidade, precipitacións, temperatura) así como o estado da mar, foron observadas e medidas con precisión.

-A información meteorolóxica local obtívose a través das emisións radiotelefónicas previamente seleccionadas, incluída a emitida en inglés.

-Á vista da carta do tempo recibida a través do facsímile e os datos meteorolóxicos tomados a bordo, fíxose unha previsión da evolución das variables meteorolóxicas e do estado do mar no lugar, válida para as próximas doce horas.

3.5. Obte-la información radar para a axuda á navegación e prevención das abordaxes.-Os factores fixos (posición da unidade exploradora, sectores de sombras, alcance de antena e erros de compás) que afectan ó rendemento do radar, tivéronse en conta para o seu axuste inicial.

-As deficiencias na presentación da imaxe foron corrixidas por medio dos mandos de alcance e de precisión.

-O modo de presentación da pantalla radárica: non estabilizada coa proa do buque arriba e co movemento relativo; estabilizada co norte arriba e co movemento relativo ou movemento verdadeiro, foi seleccionada convenientemente.

-As distancias e marcacións á costa, reflectores radares e accidentes topográficos, foron tomadas utilizando os diferentes medios que os radares dispoñen e tendo en conta a precisión do método empregado.

-Efectuouse un punteo manual do movemento do buque propio e dos outros buques, obtendo os seus rumbos e velocidades e detectando calquera variación que se produza neles.

-Obtívose o movemento de aproximación máxima entre o buque propio e outro que cruza, que vén de volta encontrada ou que alcanza.

RealizaciónsCriterios de realización

3.6. Realizar unha garda de navegación segura, evitando abordaxes, varadas e embarrancadas.-As ordes do capitán para realiza-la garda na ponte foron observadas en todo momento.

-Os equipos de seguridade, goberno, navegación e comunicacións foron comprobados antes da saída/chegada ó porto ou fondeadoiro, así como os intervalos regulamentarios durante a navegación.

-A información acerca do funcionamento dos equipos, circunstancias náuticas e meteorolóxicas nas que se encontra o buque, así como os perigos que puidese atopar foi obtida antes de asumi-la garda.

-A vixilancia para alertar sobre a presencia no horizonte de buques, marcas ou obstáculos foi asegurada en todo momento realizando en caso necesario a manobra que corresponda.

-As prácticas de seguridade e as medidas regulamentadas para o caso de visibilidade reducida e densidade de tráfico foron adoptadas correctamente.

-A posición do buque, así como o seu rumbo e velocidade, foron comprobados en intervalos que a súa seguridade aconsellou.

-Durante o fondeo alertouse de calquera factor interno ou externo que puidera afectar á seguridade do buque e a súa tripulación, tomándose as medidas oportunas segundo os casos.

-As alertas radiotelefónicas foron atendidas convenientemente.

-As precaucións necesarias para evita-la contaminación do medio mariño foron tomadas, cumprindo as regulamentacións nacionais, internacionais e portuarias.

-Tódalas incidencias acaecidas durante a garda de navegación foron anotadas no caderno de bitácora e o oficial entrante foi advertido delas.

3.7. Obter información e establecer comunicacións empregando os equipos e subsistemas do Sistema de Socorro e Alarma Marítima Global (G.M.D.S.S.).-As comunicacións de seguridade entre buques, de ponte a ponte, efectuáronse correctamente, utilizando o idioma inglés cando procedeu.

-As alertas de socorro e de escoita permanente, sintonizáronse, probado e atendido en tempo e forma.

-As comunicacións de socorro buque/costeira, buque/buque no lugar de operacións realizáronse segundo normas e códigos establecidos.

-Os sinais de localización que permiten determina-la situación do buque, aeronave, vehículo ou persoa necesitadas de socorro, foron recollidas por medio do equipo radar ou no seu caso emitidas por un transponder.

-O tráfico operacional e de correspondencia pública, distinto do das mensaxes de socorro, urxencia e seguridade emitíronse de modo correcto, observando as normas e recomendacións do Comité Consultivo Internacional de Radiocomunicacións (C.C.I.R.).

RealizaciónsCriterios de realización

-A información sobre seguridade marítima (radioavisos náuticos, meteorolóxicos, prognósticos meteorolóxicos e outras mensaxes urxentes relativas á seguridade), recibiuse utilizando o medio adecuado e en forma correcta e no idioma inglés cando procedeu.

-A alarma de socorro activouse e a mensaxe foi emitida utilizando os medios e procedementos correctos.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: cartas de navegación, avisos ós navegantes (notice of marines), cartabón, paralelas, lupa, tintas de cores, transportador de ángulos, reloxo de bitácora, cronógrafo, alidada acimutal, compás; material meteorolóxico: hidrómetro, termómetro, termógrafo, barómetro. Equipos de posicionamento: decca, loran C, plotter, sonda, omega, G.P.S., plotter, gomio. Xiróscopo, facsímile; comunicacións: instalación radioeléctrica de ondas métricas (V.H.F.) con sistemas de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.), instalación radioeléctrica de ondas hectométricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.). Instalación radioeléctrica de ondas hectométricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.). Instalación radioeléctrica de ondas decamétricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.). Instalación radioeléctrica de ondas hectométricas para emisión e recepción de alarmas radiotelefónicas en 2.182 Khz. NAVTEX

internacional, instalación terrea de buque de INMARSAT, instalación para a recepción co sistema de chamada intensificado ou grupo INMARSAT, radiobaliza de localización de sinistros (RLS) por satélite (polar e xeoestacionaria), equipo de transmisión e recepción de radiocomunicacións con telegrafía de impresión directa. Radar, respondedor de radar. Facsímile.

Información: natureza, tipo e soportes: catálogo de cartas e publicacións náuticas, anuario de mareas, derrotas, libros de faros, sistema de balizamento IALA, simboloxía cartográfica mariña, avisos ós navegantes, almanaque náutico, convenio MARPOL 78, sistema INMARSAT de comunicacións. Sistema de Socorro e alarma marítima global (G.M.D.S.S.), arquivo de correccións de cartas e publicacións, libro de cronómetros. Caderno de bitácora. Diario de navegación. Vocabulario marítimo O.M.I.

Procesos, métodos e procedementos: medición de rumbos, cálculo de desvío da agulla e corrección total, trazado e traslado dunha liña de posición. Situación por demoras, simultáneas e non simultáneas; situación por ángulos horizontais. Cálculo de rumbo efectivo e velocidade efectiva. Cálculo de distancia ortodrómica e loxodrómica. Medición de ángulos horizontais e verticais no sextante. Cálculo de mareas. Cinemática naval. Mensaxe de socorro, urxencia e seguridade. Comunicacións radiotelefónicas.

Unidade de competencia 4: organizar e executa-las actividades extractivas e de conservación do producto obtido.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Preparar e repara-las artes e os aparellos de pesca necesarios de forma que poida realizarse a captura en condicións óptimas de rendemento e seguridade.-As avarías ocasionadas ó calamento, artes, aparellos ou útiles de pesca foron avaliadas correctamente para a súa reparación.

-Os materiais necesarios para a reparación do calamento, artes, aparellos ou útiles de pesca foron correctamente seleccionados e dispostos en cuberta.

-Os danos producidos foron reparados en tempo e forma adecuados, seguindo as especificacións establecidas.

-As artes, aparellos ou útiles de pesca foron armados e montados, comprobándose o número e dimensións dos seus elementos.

-As deficiencias observadas no traballo do calamen to, artes, aparellos ou útiles de pesca foron corrixidas adecuadamente.

4.2. Manexar e controla-los equipos electrónicos utilizados durante as operacións extractivas para obte-

lo rendemento óptimo.

-Os equipos electrónicos, sonda, sonar e sonda de rede foron postos en funcionamento, seleccionando as escalas adecuadas.

-A profundidade, características e natureza do fondo foron correctamente avaliados empregando a ecosonda.

-A información subministrada polo sonar sobre distancia e marcación do banco así como a dirección e velocidade de desprazamento do cardume foron correctamente interpretadas e avaliadas.

-Os datos sobre a profundidade de traballo da rede, a súa abertura vertical e o proceder do peixe ante a boca dela, foron obtidos correctamente a través do Net-Sonder.

4.3. Manexa-los elementos mecánicos utilizados nas manobras de calado e virado das artes e aparellos de pesca, en función das circunstancias e modalidade extractiva.-A manobra de pesca para o fiado da arte ou aparello foi convenientemente disposta na cuberta.

-O persoal de cuberta foi convenientemente distribuído para realizar unha manobra eficaz e segura de calado ou virado.

-O funcionamento de maquiniñas, estibadores, carreteis e haladores foi comprobado.

-As artes e aparellos foron preparados e aclarados para o seu longado.

-O longado das artes ou aparellos foi realizado en tempo e forma adecuadas.

-O virado dos aparellos ou artes foi correctamente efectuado.

4.4. Controla-las operacións de elaboración, conservación e acondicionamento dos producto da pesca, garantindo as condicións hixiénico-sanitarias do producto.-A manipulación da captura ó introducila a bordo foi realizada observando os necesarios coidados para evita-

lo seu deterioración.

-O grao de hixiene e limpeza de cuberta e parque de pesca foi comprobado.

-O descabezado, eviscerado e lavado dos productos da pesca foi efectuado correctamente, mantendo os residuos separados.

-Os productos da pesca foron clasificados, por especies e tamaños, seguindo criterios preestablecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os productos da pesca foron estibados en bodegas ou neveiras de forma que permita a súa correcta refrixera

ción e hixiene.

-As temperaturas e tempos de conxelación dos productos da pesca foron comprobados.

-O salazonado do peixe efectuouse seguindo os criterios preestablecidos para a súa adecuada conservación.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: aparellos de anzol (liña, chambel, palillo, poteira, corricán, palangres); anzol, sedela, cabo, mosquetón, xiratorio, boia, boia emisora, maquiniña de palangre e tambor de estiba. Nasas: cangrexeiras, lagosteiras, gambeiras, para peixes. Artes de enmalle fixas e de deriva (volanta, beta, sardiñeira, trasmallo, boniteira): panos de rede, navalla, fío, agullas, calibrador, flotadores, boias, anclotes, chumbos, tambor hidráulico e polea motriz. Artes de cerco: flotadores, boias, calas, cortizas, chumbos, pés de galo, elos de escape, panos de rede, navalla, agulla, fío, calibrador, cabo, cable, argolas, polea motriz de acción hidráulica, halador mecánico, maquiniña, carretel de estiba de xareta, tambor yoquei, embarcación auxiliar, ecosonda e sonar. Artes de arrastre (de fondo, de gran abertura vertical ou semipeláxicas, de profundidade regulable ou peláxicas e de abertura horizontal constante): panos de rede, agulla, fío, calibrador,

cabo, cable, semiiluminación, serra, calon, campá semiesférica, ventos, pés de galo, flotadores, diábolos, portas de arrastre, zapatas, tangóns, maquiniña, estibadores de cable, tambor hidráulico de estiba de rede, sonda, net-sonder e lupa de pesca, plotter. Descabezadoras, fileteadoras, cintas transportadoras, neveiras, túneles e armarios de conxelación e cubas de salmoira.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de reparación de avarías producidas no lance. Métodos para a realización das manobras de calado e virado segundo modalidade de pesca e tipo de embarcación. Procesos de clasificación, elaboración e conservación dos productos da pesca. Estiba a granel, en estantes, en caixas ou caixas termoilladas. Dar forma a unha peza de rede mediante: aumentos, minguados, mallas voadas, mallas dobres e ourelos. Dar forma a unha peza de rede mediante: cortes, unións e remendos.

Información: natureza, tipo e soportes: cartas de pesca. Anuario de pesca. Información meteorolóxica. Información subministrada polo sonar, a sonda, o net-sonder e os equipos de posicionamento, plotter, radar, sonda, satélite, Decca. Regulamentacións pesqueiras: tamaños e tipos de artes ou aparellos, vedas, estaturas e convenios internacionais. Vocabulario pesqueiro. Recomendacións da Unión Europea (U.E.).

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: lonxas, empresas conserveiras e de transformación dos productos da pesca.

Unidade de competencia 5: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1. Organizar e controla-la seguridade no traballo, aplicando as medidas preventivas e normas legais establecidas.-O embarque e desembarque do persoal a bordo realizouse utilizando escalas e debidamente instaladas, seguindo normas e leis establecidas.

-As cubertas de traballo e corredores foron debidamente iluminados, provistas de cabos de seguridade e varandas.

-A tripulación que traballa sobre cuberta foi advertida das manobras que puideran ocasionar cambios repentinos de rumbo ou embaque perigoso de ondas.

-Os traballos sobre cuberta realizáronse sempre baixo a supervisión dun responsable de seguridade, establecéndose unha comunicación directa e segura entre este e a ponte de mando, previndo situacións de perigo (cuberta engraxada, refugallos de peixes sobre cuberta, estiba incorrecta dos aparellos) e utilizando medios protectores adecuados.

-O laboreo con cabos e arames realizouse utilizando medios protectores adecuados e os métodos e procedementos (código unificado de sinais, tensión de cabos e arames) que garanten a seguridade da tripulación.

-Durante as operacións de manipulación das máquinas observáronse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas) que fan un traballo seguro.

-Os equipos eléctricos e instalacións de sustancias perigosos foron protexidos e sinalizados segundo procedementos establecidos.

-Durante o traballo utilizáronse as roupas e calzados adecuados.

-Tódolos espacios dedicados á tripulación foron ben iluminados, asegurando a súa boa ventilación, calquera que sexa o estado do tempo.

5.2.Planificar e dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de loita contra os incendios.-Os materiais, combustibles e inflamables, foron almacenados e estibados tendo en conta os risgos de incendio que a súa natureza implica e as medidas de seguridade establecidas.

-As principais fontes de ignición causantes dos incendios en instalacións, servicios e acomodacións foron controladas.

-O sistema de detección de incendios foi conectado e comprobado o seu correcto funcionamento.

-O sistema monitorizado de detección e extinción automático de incendios por aspersión de auga, foi conectado e comprobado o seu correcto funcionamento.

-As instalacións fixas e equipos portátiles de extinción foron revisadas, asegurando a correcta disposición para o seu uso inmediato.

-A sinalización e organización para a loita contra os incendios foi realizada correctamente e a tripulación adestrada para afrontar calquera continxencia.

RealizaciónsCriterios de realización

-A extinción simulada de pequenos incendios foi realizada eficazmente utilizando os extintores portátiles adecuados.

-A extinción simulada de incendios extensos producidos por hidrocarburos u outros axentes combustibles ou inflamables realizouse eficazmente utilizando aspersores, dispositivos móbiles para lanzar escuma ou productos químicos en po.

-A extinción simulada de incendios en espacios pechados e cheos de fume realizouse eficazmente utilizando auga nebulizada ou calquera axente extintor apropiado con axuda dun equipo de respiración.

-A operación de salvamento nun espacio pechado e cheo de fume utilizando un equipo de respiración realizouse eficazmente.

5.3. Dirixi-las operacións de emerxencia, abandono do buque, supervivencia no mar, busca e rescate.-O cadro orgánico foi deseñado segundo as peculiaridades do buque e as normas internacionais que deben observarse para a súa elaboración (SOLAS III, emenda 83, regras 6, 53).

-Os exercicios e chamadas periódicas realizáronse no tempo e a forma, regulados por normas nacionais e internacionais, informados os tripulantes e adestrados correctamente.

-Os equipos individuais e colectivos de salvamento foron correctamente sinalizado e revisados seguindo o programa planificado de mantemento establecido pola norma internacional (SOLAS III, emenda 83, Reg. 52), as anotacións pertinentes foron feitas no libro rexistro.

-Os equipos individuais de protección para a supervivencia (chalecos, traxes de inmersión) foron utilizados correctamente en tódalas circunstancias e situacións.

-A posta a flote das embarcacións de supervivencia, o embarque nelas e a manobra realizáronse adecuadamente en calquera circunstancia e situación.

-O adrizado da embarcación volteada realizouse o correctamente en calquera circunstancia de mar e vento.

-O abandono do buque realizouse previndo os efectos da inmersión no mar, utilizando as técnicas e procedementos adecuados, segundo as circunstancias.

-A supervivencia a bordo de balsas e botes organizouse tendo en conta aspectos psicolóxicos, meteorolóxicos (exposición á intemperie, hipotermia) e circunstanciais (peixes perigosos, lume, aceite).

-Os dispositivos radioeléctricos e equipos cos que se poden producir sinais de socorro foron utilizados ade

cuadamente, tanto a bordo como desde as embarcacións de supervivencia.

-As manobras de recollida de náufragos, agrupamento de embarcacións de supervivencia, así como as accións que hai que emprender nas operacións de busca e rescate, foron executadas correctamente.

5.4. Dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de inundación de compartimentos do buque.-O apontoamento de tabiques e taponamentos de vías de auga realizáronse en tempo e forma adecuados.

RealizaciónsCriterios de realización

-O achique dos espacios inundados foi realizado utilizando os medios e sistemas adecuados.

5.5. Coordinar e aplicar medidas urxentes de asistencia sanitaria a enfermos e accidentados.-A caixa de urxencias do buque foi revisada, posta ó día e alistada para o seu uso inmediato, identificándose os medicamentos e material de cura.

-O accidentado que está inconsciente foi colocado en posición correcta e aplicouse a reanimación cardiorrespiratoria en caso de necesidade.

-A hemorraxia interna/externa do accidentado foi tratada aplicando as medidas sanitarias establecidas.

-As queimaduras causadas por corrente eléctrica, efecto da calor ou frío foron recoñecidas e aplicadas as medidas indicadas segundo os casos.

-Realizouse a inmobilización completa do accidentado para o seu traslado en caso de sospeita de posibles lesións da columna vertebral.

-As fracturas, luxacións e lesións musculares foron recoñecidas aplicándose as medidas de inmobilización necesarias.

-Os náufragos recibiron atencións sanitarias, especialmente nos casos de hipotermia, conxelación, deshidratación e asfixia por inmersión.

-O asesoramento médico por radio obtívose utilizando os métodos e procedementos establecidos, e en idioma inglés cando foi necesario.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información:

Medios de seguridade no traballo: equipos de protección persoal e colectiva (guindolas, cintos, roupa, calzado, gafas, luvas, cascos). Caixa de urxencias.

Medios de detección e extinción de incendios: equipo automático de detección de incendios e extinción con esparexedores de auga. Equipo automático de detección de incendios: sistema monitorizado de detección, alarmas, detectores de fume, calor. Instalacións fixas de extinción de incendios con gases inertes: sistemas de extinción con CO. Sistema de extinción con Halón. Sistema de peche automático de portas e portelos. Bomba contra incendios de emerxencia. Rede de colectores de auga, bocas contra incendios. Instalacións fixas de extinción: espuma mecánica, po químico. Equipos portátiles de extinción: extintores portátiles de po, escuma química, escuma mecánica, gas inerte; mangas, lanzas, conexións, fachas. Equipos de respiración: autónomos, manuais. Traxe de bombeiro.

Medios de salvamento: (SOLAS, emenda 83, Capt. III). Chalecos salvavidas ríxidos e inchables, aros salvavidas, traxes de inmersión intrinsecamente illante, non intrinsecamente illantes, axudas térmicas. Balsas salvavidas inchables, ríxidas, dispositivos de desprendemento hidrostático para balsas salvavidas. Balsas salvavidas arriables. Dispositivos de posta a flote para balsas salvavidas e botes de rescate. Botes de rescate. Botes salvavidas parcialmente pechados, botes salvavidas parcialmente pechados autoadrizables. Botes sal

vavidas totalmente pechados. Dispositivos de posta a flote e de embarque. Equipos das embarcacións de supervivencia. Radiobaliza de localización, respondedor de radar, sinais pirotécnicos de socorro, heliógrafo. Equipos bidireccionais de comunicacións. Estacións radioeléctricas portátiles de socorro.

Información: natureza, tipo e soportes: código de seguridade para pescadores, parte A. Código regulamentación laboral española. Guía médica. Materiais inflamables e combustibles, clasificación dos incendios, química do lume, construcción e disposición dos tabiques e cubertas do buque. Manual MERSAR. Manual IMOSAR. Plano nacional de salvamento marítimo. Vocabulario marítimo O.M.I. Libro rexistro de inspeccións (SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52). Rexistro médico.

Procesos, métodos e procedementos: manipulación de pesos suspendidos utilizando o código unificado de sinais, sinalización de perigos (precaucións e prohibicións). Cadro de obrigas e consignas para caso de emerxencia (SOLAS III, emenda 83, Reg. 8, 53). Exercicios e chamadas periódicas, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 18. Programa planificado de mantemento, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52. Instruccións sobre mantemento e inspección, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 19. Métodos de control e extinción de incendios, procedemento de carga e revisión de extintores portátiles. Organización da loita contra incendios. Salto á auga con chalecos salvavidas. Técnica de natación con equipo de protección térmica para a supervivencia no mar. Mantemento a flote sen chalecos salvavidas. Remolque dun accidentado no mar. Supervivencia en caso de hidrocarburos inflamados. Interpretación de sinais de salvamento. Comunicacións no lugar do sinistro. Asesoramento médico por radio. Técnicas de asistencia sanitaria de

urxencia a enfermos e accidentados: técnicas de inmobilización e transporte, reanimación cardiorrespiratoria, técnicas de contención de hemorraxias, técnicas de tratamento de feridas, queimaduras, conxelacións e intoxicacións. Técnicas de administración de medicación, técnicas de exploración, técnicas de toma de constantes vitais. Medidas hixiénicas xerais e específicas. Métodos de desinfección e esterilización. Esterilizacións e desinfeccións. Vendaxes.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Entre os novos avances tecnolóxicos que se presentan con maiores posibilidades a curto e medio prazo destacan os sistemas electrónicos para a localización e captura do peixe, así como un incremento na automatización dos procesos de elaboración e conservación dos productos da pesca, podendo producirse de forma xeral un aumento da tecnoloxía aplicada, que influirá na competencia desta figura.

Así mesmo, espérase que se produza un maior uso de estacións orbitais como axudas á navegación meteorolóxica, posicionamento, comunicacións e seguridade do buque.

A importancia que adquiran os aspectos relacionados coa comercialización fai que o desenvolvemento de videotex e a implantación xeneralizada de controles electrónicos permitan o coñecemento da oferta e a demanda

e repercuta con maior rapidez directamente na selección das especies que hai que capturar durante a marea.

Ó ser un dos obxectivos da política comunitaria a conservación dos recursos pesqueiros, chegarase en curto tempo a unha normativa máis ríxida en materia de protección do medio ambiente e da poboación de especies mariñas e, por tanto, a unha reducción do esforzo pesqueiro que repercutirá nun recorte no número de unidades da flota, limitando ademais a súa actividade nas distintas pesquerías.

Nesta mesma liña a evolución dos sistemas modernos de transporte, así como de almacenamento, carga e descarga de mercancía, fai pensar nunha evolución do transporte marítimo cara a sistemas organizativos máis sofisticados que á súa vez impliquen unha maior eficacia pola tecnoloxía aplicada e unha reducción nos custos de explotación.

Considerando o sector na súa totalidade parece probable que se produza un incremento da participación de capital español en empresas pesqueiras mixtas en países estranxeiros, tendencia que se está xeneralizando entre outros motivos pola dificultade de faenar en caladeiros deses países, permitindo desta maneira mante-la actividade extractiva.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A progresiva penetración de sistemas electrónicos para axudar á navegación, seguridade do buque, localización e captura de especies mariñas e aspectos relacionados coa competitividade introducindo o videotex para a coordinación do transporte dos productos da pesca e o coñecemento de ofertas e demandas, levará a esta figura a ser un usuario, cada vez maior, de equipos informáticos capaces de procesar todo tipo de información relacionada coa extracción de productos pesqueiros, polo que deberá aprender a manexar con soltura os devanditos equipos.

A reducción do esforzo pesqueiro debido á rixidez da normativa comunitaria sobre conservación de especies e outros recursos pesqueiros implicará un maior peso das actividades relacionadas coa planificación dos recursos pesqueiros, necesitando profesionais especializados nesta área.

2.6.3. Cambios na formación.

A limitación das pesquerías leva a que un dos apartados de formación que poden ter máis desenvolvemento nos próximos anos sexa para os empregos intermedios relacionados co procesado e a transformación dos productos da pesca.

A súa formación en productos elaborados debe enfocarse a consegui-la súa concepción global, que lle permita actuar sistematicamente neste campo e formarse na utilización de novas tecnoloxías e coñecementos de técnicas aplicables á elaboración e conservación dos productos pesqueiros.

O incremento de automatización das embarcacións de mediano porte fará que a medio prazo se poida prescindir do técnico en máquinas mariñas no devandito tipo de embarcacións polo que será necesario completa-la formación desta figura en automatismos pneumo-hidráulicos.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

O técnico en pesca e transporte marítimo realizará a súa actividade laboral fundamentalmente en buques dedicados á pesca que posúan instalacións automatizadas de extracción e procesado, actuando en calquera zona de pesca e utilizando calquera tipo de arte ou aparello. Igualmente poderá exerce-la súa actividade en buques dedicados ó transporte marítimo.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-lo seu traballo son:

Pesca de litoral: cerco, arrastre de fondo e peláxica; enmalle; trampas ou nasas; corricán; palangres: fondo e superficie.

Pesca de altura e gran altura: cerco; arrastre: fondo e peláxica; palangres: fondo e superficie; corricán.

Navegación de cabotaxe e gran cabotaxe: transportes marítimos, exceptuando os especiais.

Pode formar parte da tripulación como oficial e incluso ó mando de embarcacións dedicadas á vixilancia fiscal e inspección pesqueira. Integrarase nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación coordinados polo técnico superior do que depende.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse de seguido as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

-Pode formar parte da tripulación dunha embarcación dedicada á pesca ou ó transporte marítimo como patrón ó mando (dentro das limitacións sinaladas nas capacidades profesionais) ou como oficial encargado da garda.

-Pode colaborar co armador en tarefas de inspección de embarcacións e valoración de rendementos pesqueiros en empresas.

-Pode tamén, a título de exemplo, ocuparse como: patrón de pesca de baixura. Contramestre. Patrón de pesca de litoral. Oficial de ponte. En montaxe e armado de artes e aparellos de pesca, como mestre redeiro nunha empresa.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Xestionar, nos organismos e ante as autoridades marítimas en porto nacional ou estranxeiro, os documentos que permitan o despacho de entrada e saída da embarcación.

* Interpreta-la lexislación marítimo-pesqueira, os convenios internacionais e normativa nacional aplicable ó buque para a súa defensa e protección, así como da súa tripulación, carga e do medio ambiente.

* Avalia-las necesidades de subministracións de vituallas e provisións de boca a partir dunha previsión de duración da travesía ou marea, evitando unha entrada en porto anticipada que impida o éxito de explotación da embarcación na dita marea.

* Interpreta-lo sistema de construcción empregado, así como os elementos estructurais e de consolidación dun buque a partir dos seus planos de disposición xeral e da súa caderna mestra, para que o casco non sobrepase os esforzos máximos permitidos cando a embarcación navega entre olas.

* Conseguir relaciona-las capacidades evolutivas da embarcación coas características do seu equipo propulsor e de goberno, en calquera condición de tempo e mar para efectua-las diferentes manobras con eficacia e seguridade.

* Interpreta-la estabilidade do buque para as diferentes condicións de carga que poidan darse a bordo.

* Conseguir obte-la posición do buque a través da información subministrada polos equipos de navegación e instrumentos de posicionamento para mantelo dentro da derrota preestablecida ou dar novo rumbo.

* Realiza-la garda de navegación seguindo as instruccións e adaptándose ás condicións de navegación, manobra e meteorolóxicas que se produzan.

* Analiza-la función das diversas instalacións e equipos utilizados no proceso extractivo e productivo.

* Realiza-la montaxe, desmontaxe, reparación e/ou modificación dos elementos que constitúen das artes e aparellos de pesca para mantelos dentro das condicións de operatividade e seguridade.

* Obter e analiza-los datos meteorolóxicos para realizar unha navegación segura.

* Realizar comunicacións visuais, acústicas ou radioeléctricas a través do servicio móbil marítimo con outras estacións para transmitir-recibir tráfico de urxencia, seguridade, socorro ou xeral e obte-la información meteorolóxica que permita o trazado da derrota óptima.

* Sensibilizarse respecto ós efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas preventivas, correctivas e proteccións adecuadas.

* Utilizar e buscar vías de información e formación relacionada co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento e a inserción no sector marítimo e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Realizar operacións de regulación e control segundo os valores de consigna en modo de operación automático/manual.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: administración do buque.

Asociado á unidade de competencia 1: obte-los despachos do buque previos á saída ou chegada ó porto.

Capacidades terminais elementais

1.1. Interpreta-los regulamentos, normas e instruccións que afectan o despacho do buque, describindo os trámites legais que son necesarios.

1.2. Redactar protestas de mar a partir de supostos acaecementos consignados no caderno de bitácora.

1.3. Avalia-las necesidades de subministracións, vituallas e provisións en función dunha suposta marea.

1.4. Explica-las condicións de almacenamento das provisións e vituallas, en función das súas características de conservación.

Contidos básicos (duración 100 horas).

Procedementais.

* Administración marítima.

.Despacho do buque. Libros e documentos: patente de navegación, certificados, diarios.

* Loxística da viaxe.

.Previsión de necesidades.

.Almacenamento e estiba de subministracións, vituallas e provisións.

* Xestión contable.

.Redacción de formularios e instancias.

.Plano xeral contable.

.Manexo de software específico.

.Balance de rendibilidade.

Conceptuais.

* Administración marítima.

.A documentación do buque.

.O buque: a súa natureza xurídica.

.Seguro marítimo.

.Regulamento para a seguridade da navegación.

.Regulamentación pesqueira.

.Regulamentacións portuarias.

.Regulamentación sanitaria.

* Obrigas do capitán en situacións administrativas tipo.

.Remolque: de distintas naturezas.

.Auxilio e salvamento.

.Abordaxe.

.Naufraxio.

Actitudinais.

.Cumprimento das normas que regulan os trámites administrativos e legais na entrada, estancia e saída dos portos.

.Cumprimento das normas que afecten a almacenaxe de previsións, subministros e pertrechos.

.Secuencia das fases e ordenación das accións e do material que intervén no proxecto empresarial.

.Pulcritude na formalización de documentos.

.Valoración serena das situacións que poden precisar da protesta do capitán.

Módulo profesional 2: estabilidade e manobra do buque.

Asociado á unidade de competencia 2: realiza-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque.

Capacidades terminais elementais

2.1. Describi-los diferentes sistemas de construcción naval.

2.2. Interpreta-los diferentes planos de formas e as diferentes liñas de referencia do casco.

2.3. Compara-las condicións iniciais do buque cos diferentes criterios establecidos no libro de estabilidade.

2.4. Calcula-lo efecto producido nas coordenadas do buque para as diferentes operacións de carga e/ou descarga.

2.5. Calcula-las condicións finais de calado e estabilidade despois das diferentes operacións.

2.6. Interpreta-la información xerada polos equipos e/ou observación directa (simulación e/ou embarcación de prácticas) para executa-las manobras de rumbo e goberno.

2.7. Realiza-las obrigas do oficial encargado da garda no porto.

2.8. Executa-las manobras de atraque, desatraque, fondeo e abarloamento utilizando a información xerada polos equipos e/ou observacións directas (simulación e/ou buque de prácticas).

2.9. Describi-los procedementos de emerxencia analizando as situacións típicas de fallos na máquina principal, servomotor, control teléfono, colisión inminente, embarrancada e home á auga.

2.10. Relaciona-lo equipo de propulsión e goberno coas capacidades evolutivas do buque, en función das distintas condicións de mar e tempo.

Contidos básicos (duración 170 horas).

Procedementais.

* Arqueo e franco bordo.

.Corrección ós calados por consumo, densidade e asento.

* Estabilidade transversal

.Determinación das coordenadas do centro de gravidade: cálculo delas en calquera condición de carga.

.Estabilidade inicial.

.Estabilidade para grandes inclinacións: curvas de estabilidade estática transversal.

.Criterios de estabilidade estática transversal.

* Traslación, carga e descarga de pesos: os seus efectos.

.Determinación do movemento experimentado polo centro gravidade a traslados, cargas e descargas de pesos.

.Experiencia de estabilidade.

* Oscilación do buque entre ondas.

.Relación do período de balance coa altura metacéntrica do buque.

* Estabilidade lonxitudinal.

.Momento necesario para cambia-lo asento 1 cm.

.Cambio de asento por traslado de pesos.

.Determinación dos calados coñecendo a posición do centro de gravidade e o desprazamento.

* Estiba e medios de carga e descarga.

.Grillóns, tensores, estrobos, eslingas.

.Meteoroloxía das bodegas.

.Práctica da estiba: preparación de bodegas.

.Planos de estiba.

.Funcionamento e normas de seguridade con aparellos.

.Mantemento dos medios de carga.

.Cumprimentación dos libros dos medios de carga

* Fondeo e amarre.

.Manobras de fondeo, atraque e desatraque.

.Manobras con equipos: molinete, cabrestante.

.Ordes normalizadas ó temoneiro.

* Regulamento internacional para a prevención de abordaxes.

.Sinais acústicos.

* Garda en porto.

.Cumprimentación das obrigas do oficial encargado.

* Emerxencias.

.Busca e salvamento: manual MERSAR.

.Manual IMOSAR.

.Emerxencias tipificadas: fallo na máquina principal, fallo no servomotor, fallo no control/teléfono, colisión inminente, embarrancada, home pola borda.

Conceptuais.

* Xeometría e estructura do buque.

.Materiais empregados na construcción naval.

.Sistemas de construcción: transversal, lonxitudinal e mixto.

.Planos de formas.

.Liñas de referencias do casco.

.Dimensións principais.

.Calados. Escala de calados. Calado medio. Asento.

.Empuxe hidrostático. Centro de carena.

.Desprazamento, peso morto, porte, flotabilidade.

.Centro de flotación: as súas propiedades.

.Curvas hidrostáticas: utilidade e manexo.

.Coeficientes de afinación.

.Toneladas por centímetro ou polgada de inmersión.

* Arqueo e franco bordo.

.Arqueo: concepto, unidade, obxecto e clases.

.Regulamento de arqueo.

.Franco bordo: regulamento internacional de liñas de máxima carga.

.Zonas periódicas.

* Estabilidade transversal

.Metacentro e altura metacéntrica.

.Condicións de equilibrio dos corpos flotantes.

* Traslación, carga e descarga de pesos: os seus efectos.

.Pesos suspendidos: os seus efectos.

.Cargas a granel.

.Carenas líquidas: os seus efectos.

.Inundación: os seus efectos. Compartimentado.

.A varada: os seus efectos.

* Oscilación do buque entre ondas.

.Movemento de balance.

.Sincronismo.

* Estabilidade lonxitudinal.

.Par de estabilidade lonxitudinal.

* Equipos e servicios do buque.

.Servicios de lastre.

.Servicios de sentinas

.Servicio contraincendios.

.Servicio de auga salgada (sanitario).

* Estiba e medios de carga e descarga.

.Puntais de carga.

.Guindastres.

.Ferramentas empregadas na estiba.

.Espacios mortos.

* Equipos de propulsión e goberno.

.Hélices: paso, retroceso, cavitación: hélices de paso variable.

.Momento de adrizamento e de evolución.

.Efectos evolutivos da hélice e o temón: servomotor e goberno á man.

.Tipos de temóns.

* Fondeo e amarre.

.Áncoras.

* Código internacional de sinais.

.Bandeiras.

.Lámpada de sinais.

* Regulamento internacional para a prevención de abordaxes.

.Luces e marcas.

.Principios e regras da Asociación Internacional de Faros e Balizas (ALEÉ).

Actitudinais.

* Traslación carga e descarga de pesos.

.Rigor no cálculo da estabilidade producida polo centro de gravidade por carga, descarga e traslado.

* Regulamento internacional para a prevención de abordaxes.

.Rigor na aplicación do regulamento de rumbo e goberno.

.Comportamento responsable e seguro na aplicación do código de sinais.

Módulo profesional 3: navegación e comunicacións do buque.

Asociado á unidade de competencia 3: controla-la navegación e a derrota do buque en tódalas condicións.

Capacidades terminais elementais

3.1. Actualizar e utiliza-la documentación do cuarto de derrota, para planifica-la navegación.

3.2. Realizar medicións cos instrumentos de posicionamento en simulación e buque de prácticas.

3.3. Resolve-los problemas de navegación costeira de estima nas diferentes posicións do buque.

3.4. Operar cos equipos electrónicos de navegación para obte-la posición do buque.

3.5. Interpretar e avalia-la información subministrada polo radar para obte-la posición do buque.

3.6. Tomar valores das variables meteorolóxicas.

3.7. Interpreta-lo mapa do tempo e predici-la situación meteorolóxica próxima.

3.8. Comprobar que o equipo de navegación subministra os datos correctamente.

3.9. Analiza-los datos subministrados polo equipo de navegación e avalialos para toma-la decisión correcta.

3.10. Avalia-las situacións propias dunha garda de navegación e cumprir coas obrigas do oficial encargado.

3.11. Selecciona-lo equipo preciso e establece-lo tipo de comunicación adecuada ó momento.

3.12. Analiza-lo funcionamento dos equipos e sistemas de comunicación.

Contidos básicos (duración 225 horas).

Procedementais.

* Derrota do buque.

.Interpretación de cartas de navegación:

.Signos convencionais e abreviaturas.

.Catálogo de cartas.

.Avisos ós navegantes.

.Sistema NAVTEX.

.Análise de publicacións náuticas de axudas á navegación.

.Aplicación das técnicas de compensación da agulla magnética.

.Determinación das técnicas de marcacións e demoras.

* Navegación costeira.

.Cálculo das liñas de posición utilizadas na navegación costeira.

.Procedementos para obte-la situación por liñas de posición simultáneas ou non simultáneas.

.Navegación loxodrómica: cálculo do rumbo e distancia. Diferentes casos.

.Determinación da dirección e intensidade da corrente.

.Determinación da navegación de estima con vento e/ou corrente.

.Calculo de mareas: utilización práctica do anuario.

.Execución das instruccións e manexo dos equipos de axuda á navegación:

.Carril.

.Sondadores.

.Xiroscopio.

.Sextante.

.Alidada, taxímetro.

* Navegación radioeléctrica.

.Manexo de:

.Radiogoniometría.

.Sistemas hiperbólicos de navegación.

.Sistemas GPS.

* Radar.

.Manexo de:

.Cinemática naval: diferentes casos de aplicación practica na navegación.

* Meteoroloxía e oceanografía.

.Determinación das variables meteorolóxicas.

.Manexo dos instrumentos meteoróloxicos.

.Análise e previsión do tempo: situacións típicas.

.Análise de boletíns meteorolóxicos e zonas marítimas de predicción.

.Técnicas de obtención de augas de mar e observación das súas propiedades físicas.

* Organización da ponte.

.Establecemento das normas xerais.

.Elaboración do plano de travesía.

.Análise de sistemas de seguridade.

* Deberes do oficial de garda.

.Aplicación dos principios fundamentais que procede observar na realización da garda de navegación, regra II/1:

.Normas xerais.

.Mantemento dunha boa vixilancia.

.Máquinas principais.

.Cambio de garda.

.Comprobacións do equipo de navegación.

.Goberno automático.

.Visibilidade reducida.

.Chamada ó capitán.

.Práctico a bordo.

.Persoal de garda.

.Busca e salvamento.

.Diarios de navegación.

.Listas de control de rutina e de emerxencia.

.Buque fondeado.

.Calado do buque.

* Funcionamento e mantemento do equipo de navegación.

.Cronómetro.

.Compás magnético.

.Corrección de erros por medios terrestres e o sol.

.Anotacións no caderno de bitácora, táboa de desvíos.

.Xirocompás.

.Corrección por latitude e velocidade.

.Sextante.

.Carril.

.Lidada azimetal.

.Taxímetros.

* Procedementos de comunicación do buque.

.Vocabulario normalizado de comunicacións.

.Regulamentos de radiocomunicacións.

.Sistemas de comunicacións: acústico, visual, radioeléctrico.

Conceptuais.

* Derrota do buque.

.Esfera terrestre: sistema de coordenadas terrestre. Milla mariña.

.Cartas de navegación:

.Definición de carta náutica. Proxeccións da superficie terrestre.

.Clasificación das cartas segundo escala e uso.

.Agulla náutica: definición e descrición.

.Efectos do magnetismo terrestre e do buque: declinación magnética e desvío.

.Rumbos: as súas clases.

* Navegación costeira.

.Efectos do vento e a corrente sobre o buque na navegación.

.Navegación con vento e/ou corrente coñecida ou descoñecida.

.Medida do tempo: as súas clases e relación entre os diferentes tipos de tempo.

.Instrumentos e equipos de axuda á navegación: fundamento, manexo e utilidade práctica:

.Carril.

.Sondadores.

.Agulla xiroscópica.

.Sextante.

.Alidada e taxímetro.

* Radar.

.Fundamentos.

.Utilidade práctica na navegación.

* Meteoroloxía e oceanografía.

.Atmosfera.

.Borrascas.

.Masas de aire. Frontes.

.Sistemas de presión.

.Ondas.

.Correntes.

.Augas de mar: propiedades físicas e modo de obtelas.

* Deberes do oficial de garda.

.Augas costeiras.

Actitudinais.

.Toma das decisións máis adecuadas de forma responsable e segura nos distintos aspectos de actuación na navegación e comunicación do buque.

.Conciencia do propio deber e das repercusións que se poden derivar do seu incumprimento.

.Cumprimento de forma constante e óptima de:

.Mantemento dunha boa vixilancia.

.Cambio de garda.

.Augas costeiras.

.Visibilidade reducida.

.Chamada ó capitán.

.Persoal de garda.

.Busca e salvamento.

* Funcionamento e mantemento do equipo de navegación.

.Anotacións rigorosas e veraces no caderno de bitácora e na táboa de desvíos.

Módulo profesional 4: pesca: extracción e conservación.

Asociado á unidade de competencia 4: organizar e executa-las actividades extractivas e de conservación do producto obtido.

Capacidades terminais elementais

4.1. Describi-los elementos que forman parte do equipo de pesca.

4.2. Arma-las diferentes partes e elementos que forman parte do equipo de pesca.

4.3. Repara-las avarías que se producen no equipo de pesca.

4.4. Manexar correctamente o funcionamento dos equipos electrónicos para localización de pesca con aparellos de simulación de pesca.

4.5. Avalia-la información obtida dos equipos de localización de pesca con aparellos de simulación de pesca.

4.6. Describir e explica-las diferentes manobras de calado e virado de artes e aparellos de pesca.

4.7. Avalia-las condicións de seguridade en que se deben efectua-las manobras de calado e alado das artes e aparellos do buque.

4.8. Describi-los diferentes procesos de clasificación, elaboración e conservación das capturas.

4.9. Describi-los diferentes procedementos e modalidades de estiba en función do método e conservación do producto, tendo en conta a seguridade do buque.

4.10. Elixi-la arte de pesca adecuada ás características biolóxicas e meteorolóxicas da zona, para obte-lo máximo rendemento tendo en conta a información subministrada polas cartas de pesca.

Contidos básicos (duración 225 horas).

Procedementais.

* Armado de redes.

.Montaxe de panos a relingas e costadiños.

.Montaxe de panos entre si.

.Montaxe de lastres e flotadores.

* Portas de arrastre.

.Relación entre tensión cable, abertura e resistencia ó arrastre.

.Relación entre malletas, separación de portas e abertura horizontal e vertical da rede.

* Equipos de detección.

.Manexo de:

.Ecosondas.

.Netsonder.

.Sonar.

* Manobras de pesca.

.Manexo e conservación dos:

.Aparellos.

.Nasa.

.Artes fixas/deriva.

.Artes de cerco.

.Artes de arrastre.

* Manipulación da pesca.

.Manipulación dos productos pesqueiros.

.Manexo dos equipos de manipulación e procesado da pesca:

.Descabezadoras.

.Fileteadoras.

.Cintas transportadoras.

.Organización secuencial do traballo.

* Conservación da pesca.

.Control das variables que regulan:

.Neveiras.

.Frigoríficos.

.Equipos de xeo en escamas.

.Equipos de auga de mar refrixerada.

* Acondicionamento da pesca.

.Verificación e selección de:

.Temperaturas e tempos.

.Conxelación rápida e lenta.

.Determinación e secuencia das operacións de almacenamento de peixe conxelado.

.Control das condicións dos armarios conxeladores de placas verticais e horizontais.

.Determinación e secuencia das operacións de conxelación por salmoira.

.Técnicas de desconxelación.

* Regulamentación pesqueira.

.Interpretación da regulamentación.

Conceptuais.

* Artes e aparellos.

.Materiais empregados na construcción de útiles, aparellos artes de pesca.

.Nós máis frecuentes utilizados en artes e aparellos.

.Mallas: diferentes tipos. Formas de medi-las dimensións das mallas.

.Aparellos: diferentes tipos. Definición, nomenclatura e armado.

.Nasas: diferentes tipos. Definición e nomenclatura.

.Artes fixas: diferentes tipos. Definición e nomenclatura.

.Artes de deriva: diferentes tipos. Definición e nomenclatura.

.Artes de cerco: diferentes tipos. Definición e nomenclatura.

.Artes de arrastre: diferentes tipos. Definición e nomenclatura.

* Portas de arrastre.

.Forzas que actúan sobre os diferentes tipos de portas: vantaxes e inconvenientes de cada tipo de portas.

.Potencia de arrastre: relación con tódolos elementos que actúan no arrastre.

* Bioloxía pesqueira.

.Medio mariño. Características físicas e químicas. Ambientes mariños.

.Productividade do mar: os seus límites e factores que o determinan. Principais áreas de pesca en que se faena.

.Características xerais de: peixes, moluscos, crustáceos e outros. Principais especies obxecto de explotación e o seu comportamento.

* Manipulación da pesca.

.Característica organolépticas dos productos frescos e alterados. Concepto de calidade.

* Conservación da pesca.

.Factores que inflúen na alteración dos productos pesqueiros.

* Acondicionamento da pesca.

.Conxelación e desconxelación. Principios para aplicar.

* Regulamentación pesqueira.

.Explotación pesqueira. Estratexias de explotación.

Actitudinais.

* Armado de redes

.Destreza e eficacia na:

.Montaxe, desmontaxe e reparación.

.Modificación nas artes de pesca.

* Manipulación da pesca.

.Respecto polas normas de:

.Hixiene e manipulación dos productos pesqueiros.

.Comportamento favorable a traballar de forma organizada e secuencial.

* Regulamentación pesqueira.

.Cumprimento da regulamentación.

Módulo profesional 5: seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.

Asociado á unidade de competencia 5: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

Capacidades terminais elementais

5.1. Analiza-los espacios físicos e as aptitudes das persoas para que se dean as condicións esixidas na realización do traballo seguro.

5.2. Analiza-las condicións hixiénico-sanitarias que deben darse para a consecución dunha vida saudable a bordo.

5.3. Analiza-los exercicios e reunións de seguridade que deben terse en conta para o deseño do plan de emerxencia do buque.

5.4. Valora-la gravidade de accidentes e enfermidades a partir dos datos das constantes vitais e da observación dos seus signos e síntomas.

5.5. Determina-las accións de cura e a evacuación en función da valoración da gravidade da persoa accidentada ou enferma, a guía sanitaria e as indicacións médicas recibidas a través do servicio radio-médico.

5.6. Aplica-las técnicas de reanimación cardiorrespiratoria e de inmobilización e transporte de persoas feridas ou enfermas, en función de protocolos de primeiros auxilios establecidos.

5.7. Aplica-las técnicas para o tratamento de feridas, hemorraxias, queimaduras, hipotermia, deshidratación, fracturas, luxacións, lesións musculares e intoxicacións en función dos protocolos establecidos.

5.8. Establecer, en simulación, consultas radiomédicas.

5.9. Describi-las zonas principais, anteparos, cuberta e zonas verticais do buque en relación coa súa integridade ó lume.

5.10. Relaciona-lo tipo de incendio, espacio físico no que se produce co axente extintor e equipo a empregar para producir unha extinción eficaz.

5.11. Manter operativos os equipos portátiles e realiza-la extinción de pequenos incendios, en situacións

controladas, coa destreza e aptitude que as normas establecen.

5.12. Operar e mante-los equipos fixos de protección e extinción de incendios.

5.13. Utiliza-los equipos individuais de salvamento coa destreza e aptitude que as normas establecen.

5.14. Manexa-los dispositivos de posta a flote e embarque, das embarcacións de supervivencia e bote de rescate, coa destreza e aptitude que favoreza unha manobra segura.

5.15. Manexa-las embarcacións de supervivencia e rescate coa destreza e aptitude que permitan unha manobra segura.

5.16. Emitir unha mensaxe de socorro, empregando os medios que as circunstancias aconsellen, coa destreza e aptitude que a norma establece.

5.17. Establece-lo plan de mantemento, segundo a dispoñibilidade operacional, mantemento e inspección a bordo e en terra, dos dispositivos de salvamento, cumprindo o establecido na regra 19 e 52, Cap. II, emenda 83, SOLAS 74.

5.18. Analiza-lo proceso de actuación en caso de inundación de compartimentos, relacionando os medios dispoñibles coas características da inundación.

Contidos básicos (duración 110 horas).

Procedementais.

* Seguridade e hixiene no traballo.

.Manipulación e análise comparativo da regulamentación nacional e internacional en materia de seguridade no traballo.

.Detección e clasificación dos riscos en equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e arames, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

.Comprobación da sinalización.

.Identificación e manexo do/dos equipo/s de protección persoal e colectiva.

* Primeiros auxilios.

.Valoración xeral da persoa accidentada: aspecto, postura e estado de conciencia.

.Aplicación das técnicas de inmobilización, traslado, evacuación así como dos procedementos de reanimación e aplicación dos primeiros auxilios nas persoas accidentadas.

.Observación e recollida de signos e síntomas e situación deles mesmos no cuestionario básico:

.Toma de constantes vitais: pulso, respiración, tensión arterial e temperatura.

.Manexo do equipo para a consulta radio-médica:

.Transmisión dos datos recollidos no cuestionario básico.

.Anotación das indicacións recibidas.

.Descrición das patoloxías máis frecuentes.

.Análise das enfermidades de declaración obrigatoria e corentenables:

.Aplicación das técnicas de illamento.

.Mantemento de caixas de urxencias:

.Verificación das existencias dos medicamentos e material aconsellable de curas da caixa de urxencias.

.Identificación dos medicamentos segundo as distintas formas de administración dos mesmos.

.Preparación e administración dos distintos tipos de medicamentos.

.Prevención das complicacións na administración de medicamentos.

.Realización das técnicas e intervencións recollidas na guía sanitaria de abordo.

* Loita contra incendios.

.Identificación e manexo das instalacións e equipos de detección de incendios.

.Accionado do equipo de extinción de incendios:

.Instalacións fixas.

.Equipos portátiles.

.Identificación e utilización do equipo individual de bombeiro.

.Realización de inspeccións e organización da loita contra incendios:

.Construcción e disposición.

.Organización da loita contra incendios.

.Métodos da loita contra incendios.

* Salvamento, busca e rescate.

.Análise comparativa da normativa nacional e internacional específica:

.Cadro de obrigas e consignas.

.Exercicios de adestramento

.Determinación e localización dos dispositivos de salvamento

.Manexo dos equipos radioeléctricos de socorro:

.Radio portátil de emerxencia.

.Radiobalizas. Respondedor de radar.

.Prescrición e identificación de sinais luminosas.

.Manexo das embarcacións de supervivencia e equipos:

.Ríxidas

.Inflables

.Manipulación dos equipos para a posta a flote de embarcacións de supervivencia.

.Organización da busca e do salvamento:

.Organización IMOSAR (Manual O.M.I. de Busca e Rescate).

.Selección das técnicas de busca:

.Organización MERSAR (Manual de busca e rescate).

.Técnicas de supervivencia e procedementos de rescate en:

.A bordo dunha embarcación de supervivencia

.Incendios e hidrocarburos na auga.

* Inundacións.

.Aplicación das técnicas de compartimentación.

.Contención de vías de auga. Apontoamento e taponamento.

.Identificación dos conductos principais, directos e de emerxencia para o achicamento das sentinas e dos locais que drenan.

.Manexo dos equipos portátiles de achicamento.

Conceptuais.

* Primeiros auxilios.

.Bases anatomo-fisiolóxicas: descrición anatómica e fisiolóxica dos distintos aparatos sistemas e órganos.

.Valoración xeral do paciente: normas de actuación e técnicas a utilizar.

.Feridas: concepto, tipos e tratamento.

.Escordaduras, luxacións e fracturas: concepto, causas, tipos e tratamento.

.Queimaduras e conxelacións: concepto, causas, valoración da gravidade segundo extensión, profundidade e localización, complicacións e tratamento.

.Asfixia e parada cardíaca: causas, manifestacións e tratamento (reanimación cardiorrespiratoria).

* Loita contra incendios.

.Teoría do lume:

.Fontes de ignición.

.Reacción e resistencia dos materiais ó lume.

.Riscos de incendios e propagación do lume:

.Principais causas de incendios.

.Reactivación

.Axentes extintores:

.Auga.

.Espuma: de alta, media e baixa expansión.

.Dióxido de carbono.

.Hidrocarburo haloxenado

.Po químico

.Espuma formadora de película acuosa (A.F.F.F).

.Normativa de aplicación

.Inundacións:

.A compartimentación.

.Os sistemas automáticos de peche.

.A contención de vías de auga.

.Os equipos portátiles de bombeo.

Actitudinais.

.Importancia da observación das normas e da regulamentación para evitar riscos no manexo de equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e arames, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

.Respecto pola saúde, o medio ambiente e as condicións de traballo.

.Autoestima para loitar pola propia vida en condicións desfavorables.

.Toma de decisións sobre as actuacións que se deben realizar en caso de emerxencia.

.Secuencia e ordenación das accións a desenvolver en caso de emerxencia, busca e rescate e abandono do buque.

.Secuencia, orde e coordinación na aplicación das actuacións destinadas a resolver as distintas situacións de urxencia no mar.

.Conciencia do propio deber e das repercusións que do seu incumprimento se poidan derivan.

.Prioridade na aplicación dos primeiros auxilios atendendo ó grao de gravidade, segundo a guía sanitaria e as indicacións do servicio radio-médico.

.Aplicar as normas de limpeza e hixiene tanto na actuación co paciente como no material empregado.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 6 (transversal): automatización: regulación e control.

Capacidades terminais elementais

6.1. Analiza-las necesidades de operación dos equipos pneumáticos, utilizando equipo real ou de simulación.

6.2. Construír circuítos pneumáticos do buque, seguindo planos, utilizando equipos reais ou de simulación.

6.3. Analiza-las necesidades de operación dos equipos hidráulicos, utilizando equipo real ou de simulación.

6.4. Construír circuítos hidráulicos do buque, seguindo planos, utilizando equipos reais ou de simulación.

6.5. Analizar, segundo o libro de instruccións, o proceso de mantemento dos equipos pneumáticos, sobre equipo real ou de simulación.

6.6. Analizar, segundo o libro de instruccións, o proceso de mantemento dos equipos hidráulicos, sobre equipo real ou de simulación.

6.7. Analiza-los sistemas de regulación e control describindo as diferencias e aplicacións.

6.8. Operar sistemas de regulación e control axustando os seus elementos ás funcións definidas.

6.9. Describi-la finalidade e funcionamento dos controladores programables.

6.10. Construír sistemas de control, mediante controlador programable a partir de información técnica precisa e parámetros de axuste.

Contidos básicos (duración 130 horas).

Procedementais.

* Elementos pneumo-hidráulicos.

.Sistemas de representación:

.Identificación de símbolos pneumo-hidráulicos.

.Realización de esquemas normalizados, aplicados ó buque.

.Actuación co mando do arranque dun motor propulsor.

.Accionamento de embrague.

.Identificación e manexo do mando do reductor-inversor.

.Accionamento paso variable.

.Identificación e manexo do mando dun servomotor hidráulico.

* Sistemas de regulación e control.

.Realización e verificación de diagramas de bloques dos diferentes tipos de sistemas:

.Regulación analóxica con tratamento analóxico do sinal.

.Regulación analóxica con tratamento dixital do sinal.

.Control dixital.

.Regulación e control.

.Análise e mantemento das partes dun sistema:

.Dispositivos de entrada.

.Dispositivos de tratamento do sinal.

.Dispositivos de saída.

.Análise das tecnoloxías utilizadas nos sistemas de regulación e control.

.Aplicacións dos sistemas de regulación e control.

Conceptuais.

* Elementos pneumo-hidráulicos

.Constitución e funcionamento das centrais de xeración de enerxía pneumática e de enerxía hidráulica.

.Constitución e funcionamento dos tipos de elementos seguintes:

.Potencia.

.Mando, regulación, protección e control.

.Aparellos e sistemas de medida:

.Tipos

.Medida das magnitudes pneumo-hidráulicas

* Sistemas automáticos

.Concepto de automatización

.Compoñentes básicos dun sistema automático

.Captadores e transductores.

.Tipos: magnéticos, piezoeléctricos, ópticos e de efecto Hall.

.Misión dos captadores e transductores nos sistemas automáticos.

.Autómatas programables:

.Tipos.

.Arquitectura básica.

Actitudinais.

* Sistemas de regulación e control.

.Execución sistemática e rigorosa na comprobación de resultados en:

.Axuste dos valores de consigna, modo de operación automático/manual.

.Regulación analóxica con tratamento analóxico de sinal.

.Regulación analóxica con tratamento dixital do sinal.

.Aplicacións dos sistemas de regulación e control.

Módulo profesional 7 (transversal): lingua estranxeira.

Capacidades terminais elementais

7.1. Comprende-la información global, específica e profesional das mensaxes orais e escritas na lingua estranxeira relativas ás diversas situacións de comunicación, emitidas directamente por falantes ou por medios de comunicación.

7.2. Utiliza-la lectura de textos con finalidades diversas, valorando a súa importancia como fonte de información, disfrute e ocio e como medio de acceso a culturas e formas de vida distintas das propias.

7.3. Producir mensaxes orais na lingua estranxeira nunha linguaxe adaptada a cada situación de comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

7.4. Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, facendo uso de oracións de estructura simple, de forma ordenada e coherente empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

7.5. Utiliza-la lingua estranxeira como vehículo de comunicación na aula, facendo uso dos recursos lingüísticos e non lingüísticos nas relacións de comunicación máis habituais.

7.6. Preguntar e responder para obter información precisa e útil dun interlocutor estranxeiro, segundo as normas de protocolo e as conductas de cortesía.

7.7. Adapta-la linguaxe segundo o interlocutor e o contexto situacional.

7.8. Traducir de forma directa e inversa textos sinxelos relacionados coa actividade profesional e/ou sector e manuais de instruccións, utilizando adecuadamente os libros de consulta e diccionarios técnicos.

7.9. Reflexionar, no proceso de aprendizaxe, sobre o funcionamento do sistema lingüístico na comunicación como un dos medios para mellora-las produccións propias.

7.10. Resolve-los problemas de comprensión e de expresión en relación cos contidos lingüísticos e comunicativos propios do ámbito profesional de forma autónoma.

7.11. Elaborar e cumprimentar documentos básicos en lingua estranxeira correspondentes ó sector profesional: cartas, informes, formularios, contratos, facturas, recibos, télex, solicitudes, documentos bancarios, faxes, telegramas, etc., partindo de datos xerais e/ou específicos.

7.12. Identifica-los aspectos socioculturais e os comportamentos profesionais no(s) diferente(s) país(es) de orixe da lingua estranxeira obxecto de estudio.

7.13. Valorar e aplica-las actitudes e comportamentos profesionais do país da lingua estranxeira, nunha situación de comunicación.

7.14. Valora-la axuda que supón o coñecemento das linguas estranxeiras para participar nas relacións internacionais e noutros ámbitos da actividade humana.

7.15. Aprecia-la riqueza que supoñen as diversas linguas e culturas como formas distintas de codifica-la experiencia e de organiza-las relacións interpersoais.

7.16. Manter unha actitude receptiva e crítica cara á información procedente da cultura que as linguas estranxeiras transmiten, para reflexionar sobre a propia realidade e transformala.

Contidos básicos (duración 105 horas).

Procedementais.

* Comunicación oral.

.Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes distintas.

.Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos: verbal, xestual, icónico...

.Obtención de información do interlocutor e outras fontes.

.Selección das estratexias lingüísticas adecuadas que aseguren unha comunicación fluída e eficaz.

.Predicción da lingua que se vai necesitar segundo o contexto.

.Producción de mensaxes orais comprensibles nas que se integren os seguintes elementos dunha maneira correcta:

.Organización coherente das ideas expresadas.

.Adecuación das características formais da expresión: vocabulario, estructuras, entoación, etc. e dos recursos non lingüísticos empregados.

.Pronunciación comprensible e entoación adecuada.

.Participación activa en interaccións comunicativas orais para expresar gustos, necesidades, solicitar información, dar opinións, relatar experiencias, etc.

* Comunicación escrita.

.Comprensión de textos relacionados co ámbito socioprofesional.

.Concreción da finalidade do texto escrito.

.Utilización do léxico básico, xeral e profesional apoiándose no uso dun diccionario.

.Producción de documentos escritos sinxelos relacionados con situacións da vida cotiá introducindo a dimensión profesional.

.Selección e aplicación de estructuras formais típicas e fundamentais nos textos escritos.

.Cumprimentación de textos do ámbito profesional.

.Redacción dun documento de acordo cos convencionalismos e a súa finalidade.

.Revisión e corrección.

* Aspectos socioprofesionais.

.Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

.Emprego contextualizado das normas e hábitos de conducta deses países.

.Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Conceptuais.

* Comunicación oral.

.Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

.Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acento, entoación e prosodia.

.Vocabulario referente a termos profesionais.

.Expresións de uso frecuente e idiomáticas no ámbito socioprofesional.

.Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

.Estratexias.

* Comunicación escrita.

.Elementos formais e estructura dos textos escritos:

.Presentación, ortografía e signos de puntuación.

.Comunicación adecuada ás distintas situacións e contextos.

.Fórmulas de cortesía.

.Principios e características máis relevantes do discurso escrito:

.Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

.Elementos de cohesión no discurso.

.Estructuras típicas e formais en textos escritos: cartas, contratos, formularios, documentos bancarios, fax, telegramas, télex, certificados, protestas, solicitudes e informes.

.Traducción directa e inversa de textos propios do sector.

.Vocabulario referente a termos profesionais.

* Aspectos socioprofesionais.

.Comportamentos propios dos países da lingua estranxeira en situacións da vida cotiá profesional.

.Normas de conducta no ámbito das relacións socioprofesionais.

.Recursos formais e funcionais como medio de comunicación apropiado nas relacións socioprofesionais do país da lingua estranxeira.

.Presencia da lingua estranxeira en Galicia e no ámbito internacional.

.Aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira relacionados cos intereses e as motivacións do alumnado.

Actitudinais.

* Comunicación oral.

.Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

.Respecto polas mensaxes orais emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

.Recoñecer que para comprender unha mensaxe oral non é necesario entender tódolos seus elementos.

.Admitir que os erros forman parte do proceso de aprendizaxe.

.Interese en participar nas distintas situacións de comunicación oral posibles.

.Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional.

.Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

.Procurar ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes orais.

* Comunicación escrita.

.Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

.Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

.Autonomía en busca-la forma de interpretar, elaborar e descodifica-la información dun texto.

.Utilización dos recursos formais e funcionais como medio de comunicación na escrita apropiados ás relacións socioprofesionais do país da lingua estranxeira.

.Capacidade de esforzo para vence-las dificultades de comprensión dos textos específicos escritos en lingua estranxeira.

.Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Aspectos socioprofesionais.

.Actitude receptiva ante calquera tipo de comunicación en lingua estranxeira.

.Curiosidade, respecto e valoración crítica das formas de vida, aspectos socio-culturais e convencionalismos propios dos países cos que se manteñen relacións profesionais.

.Tolerancia e respecto polo interlocutor en calquera tipo de comunicación presencial, telefónica ou escrita.

.Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

.Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais con outros países.

Módulo profesional 8 (transversal): relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

-Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

-Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

-Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

-Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

-Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

-Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

-Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* A comunicación na empresa.

.Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

.Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

.Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Negociación e solución de problemas.

.Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

.Discriminar entre datos e opinións.

.Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

.Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

* Equipos de traballo.

.Busca de información e análise dela, referida a formación e funcionamento de grupos.

.Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

.Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

.Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

.Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

* Motivación no contorno laboral.

.Analiza-la actitude humana ante o traballo.

.Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

.Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Técnicas de comunicación.

.Comunicación oral e escrita de instruccións.

.A mensaxe publicitaria.

.A comunicación como xeradora de comportamentos.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

* Negociación e solución de problemas.

.Concepto e elementos dunha negociación.

.Tácticas negociadoras.

.Proceso de resolución de problemas.

.Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

* As relacións humanas.

.As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

.As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

.As relacións humanas na empresa.

* Equipos de traballo.

.Características dos grupos formais e informais.

.Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

.Roles dos comportamentos.

.Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

.A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

* Motivación no contorno laboral.

.Concepto de motivación.

.Principais teorías da motivación.

.O clima laboral.

.O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Logra-la práctica da comunicación efectiva.

.Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Capacidade para escoitar.

.Afacerse a falar en público.

.Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

* Negociación e solución de problemas.

.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Comportamento de maneira responsable e coherente.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Equipos de traballo.

.Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

.Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

.Fomento do uso de reunións participativas.

* Motivación no contorno laboral.

.Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

.Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realiza-las prácticas de seguridade segundo as especificacións da compañía, códigos e regulamentos (en tódalas situacións que durante a formación no centro de traballo se poidan dar).* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes no traballo:

.Roupa de protección.

.Proteccións de cabeza.

.Cabos e cintos de seguridade.

* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes durante o embarque e desembarque de tripulantes e pasaxeiros.

* Toma-las precaucións para a entrada en espacios cerrados:

.Calibración e uso dun medidor de osíxeno.

.Verificación e uso do indicador de gases combustibles.

* Asistencia na manobra de comprobación do goberno de emerxencia.

* Asistencia nas prácticas de seguridade aplicable a:

.Bulk carriers.

.Graneleiros.

.Cubertadas de madeira.

* Realiza-las operacións de preparación, posta a flote, embarque e manobra nas embarcacións de supervivencia.* Preparación, arriado e separación do costado do buque dun bote salvavidas.

* Preparación, arriado, separación do costado do buque e izado a bordo do bote de rescate.

* Tripula-lo bote con:

.Remos.

.Motor.

.Vela (se se dispón dela).

* Realiza-las operacións de mantemento das embarcacións de supervivencia, os seus equipos e sistemas de posta a flote.* Comprobación do equipo das embarcacións de supervivencia e bote de rescate.

* Arrancado e manobra co motor do bote salvavidas.

* Comprobación da estiba e dos dispositivos de posta a flote das embarcacións de supervivencia e botes de rescate.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Gornición da antena e comprobación da operatividade da estación portátil do bote salvavidas.

* Localización e comprobación dos equipos individuais de salvamento e de socorro do buque.* Comprobación do equipo pirotécnico da ponte de navegación.

* Comprobación do equipo lanzacabos.

* Comprobación da baliza de localización.

* Comprobación do respondedor de radar.

* Comprobación do dispositivo de posta a flote e sinais dos aros salvavidas de home á auga.

* Comprobación dos aros salvavidas.

* Comprobación dos chalecos salvavidas.

* Comprobación dos traxes de inmersión.

* Comprobación das axudas térmicas.

* Realiza-las operacións de mantemento dos equipos portátiles de extinción.* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores portátiles de escuma química.

* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de escuma.

* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de po seco.

* Asistencia no mantemento dos extintores de CO.

* Asistencia no mantemento e comprobación do equipo de respiración autónomo.

* Asistencia na comprobación e mantemento do equipo de bombeiro.

* Asistencia no mantemento e comprobación das estacións de extinción.

* Realiza-las operacións de mantemento e comprobación dos equipos fixos de extinción de incendios.* Operación da bomba de emerxencia:

-Arranque.

-Comprobación do bo funcionamento.

-Parada.

-Preparación para a posta en marcha.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema automático de esparexedores.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por escuma.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por CO.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por hidrocarburos haloxenados.

* Realiza-las operacións de control e mantemento dos sistemas de seguridade do buque.* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de detección de incendios.

* Asistencia no mantemento e comprobación do sistema de alarma xeral e contra incendios.

* Esbozo do diagrama do sistema eléctrico de emerxencia.

* Arranque do xerador eléctrico de emerxencia.

* Participación nos exercicios de loita contra incendios.

* Realiza-las operacións de control, planificación e dirección das emerxencias e abandonos do buque á súa tripulación e pasaxeiros.* Asistencia na posta ó día e comprobación do plano de emerxencia do buque.

* Participación nos exercicios de abandono do buque.

* Participación nos exercicios de loita contra o lume.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realiza-las operacións de mantemento e inspección do buque no dique seco.* Inspección da obra viva, temón, hélice e proteccións catódicas.

* Inspección da limpeza, picado e pintado do casco.

* Inspección de áncoras e cadeas cando se estenden.

* Comprobación de marcas da cadea e renovalas se fose necesario.

* Inspección da caixa de cadea e comprobación do entalingado da cadea no seu cáncamo.

* Realizar traballos de cabullería e motonería nas manobras xerais do buque.* Traballos de cabullería empregando nós, axustes e cotes.

* Costuras con cabos.

* Elaboración de costuras en arame e trallas.

* Estibado de amantes nos carreteis.

* Asistencia no mantemento de enxarcias firmes e de labor.

* Desmontaxe de motóns de carga para inspección e mantemento.

* Asistencia na operación rutineira de aceitamento e engraxe do equipo de cuberta.

* Realización da inspección completa dos aparellos de carga, segundo o gornecido e certificados do libro de medios de cargal, para informar ó primeiro oficial.

* Realizar operacións de carga e descarga de mercadorías.* Levantamento de puntais e arranchado da manobra de descarga.

* Asistencia ó arriado e trincado de puntais e guindastres a son de mar.

* Operación de winchs e guindastres de carga, baixo supervisión.

* Izado e arriado de stais e antenas.

* Realizar operacións de mantemento de cubertas, mamparos, zapóns e costados.* Establecemento das medidas de seguridade que os traballos relacionados coas pinturas e disolventes implican, tomando as precaucións apropiadas.

* Preparación de superficies metálicas para pintar, incluíndo o uso de equipos mecánicos de picar, onde sexa aplicable.

* Pintado de superficies, incluíndo o uso do equipo mecánico de pulverización de pintura.

* Armado dunha guindola de contramestre, baixo supervisión.

* Gornición da escala real e rede de seguridade, baixo supervisión.

* Limpeza e inspección de tanques de auga doce.

* Realizar operacións de goberno do buque en navegación e manobra.* Asistencia ó oficial encargado da garda nas operacións rutineiras de verificación previa á saída ó mar.

* Goberno con xirocompás.

* Goberno con compás magnético.

* Realización de quendas de goberno á man, como mínimo durante dez horas.

* Procedemento no cambio de goberno manual a automático e viceversa.

* Goberno á man na entrada e saída de porto.

* Realización do seguimento das ordes ó temoeiro dadas polo capitán ou práctico.

* Operación co teléfono, telégrafo e asubío seguindo ordes do capitán.

* Anotación no caderno de manobra das ordes do capitán.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Sincronización de reloxo da máquina co de bitácora.

* Realizar na cuberta as operacións de atraque, desatraque ou fondeo do buque na manobra de proa e popa.* Asistencia á manobra de cuberta para o atraque/desatraque e fondeo.

* Largado, virado, parada e volteado ós cabos de amarre.

* Operación con cabrestantes, winchs, molinetes de manobra.

* Asistencia na preparación das áncoras para o fondeo.

* Asistencia no virado e arranchado a son de mar da áncora e cadeas.

* Supervisado do estibado de cabos e arames.

* Transmisión de ordes a proa e popa baixo supervisión.

* Gornición da escala de práctico e supervisa-lo embarque e desembarque.

* Realiza-las operacións rutineiras da garda de navegación (mínimo de 6 meses) coa supervisión dun oficial cualificado.* Seguimento do procedemento correcto do relevo da garda.

* Operación de ploteo con radar, en condicións de tempo claro, comparando resultados coas observacións visuais.

* Seguimento das recomendacións que se deben aplicar en situacións de visibilidade restrinxida.

* Aviso ó capitán cando as circunstancias o fagan necesario.

* Realización dos ensaios diarios e periódicos do equipo de goberno (sistema de goberno, teléfono, telégrafo, compás, xirocompás, asubío e alarma xeral).

* Rexistro de acaecementos no caderno de bitácora.

* Cumprimento das obrigas do oficial encargado da garda de navegación cando embarca ou desembarca ou práctico no mar.

* Realización da garda de fondeadoiro coa supervisión do oficial cualificado.

* Asistencia ó oficial encargado da garda:

.no mar.

.no fondeadoiro.

* Asistencia ó oficial encargado da garda nas operacións rutineiras de verificación previas á chegada ó porto.

* Observación da aplicación do regulamento para a prevención das abordaxes no mar.

* Realiza-las operacións rutineiras da garda en porto, coa supervisión dun oficial cualificado.* Gornición de escala real e prancha.

* Face-la rolda, dar cabos e arrancha-la prancha segundo as necesidades.

* Lectura de calados e comprobación da auga baixo quilla.

* Anotacións no caderno de manobras baixo as ordes do oficial de garda.

* Toma de sondaxe rutineira de sentinas e tanques.

* Asistencia na carga, supervisión estiba de provisións.

* Elaboración do inventario de provisións.

* Orientación, peche e cubrición de ventilacións.

* Accionado do sistema mecánico de ventilación das bodegas, onde estea instalado.

* Asistencia na manobra de toma de combustible.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Asistencia na gornición de cabos de seguridade e arranchado xeral para mal tempo.

* Busca de polisóns.

* Asistencia ó 1º oficial nas operacións rutineiras de verificacións previas á saída ó mar.

* Realiza-la preparación de bodegas para a carga.* Asistencia á limpeza e preparación da bodega.

* Limpeza e inspección de sentinas e pozos de drenaxe.

* Comprobación de embornais.

* Topear tanques de lastre.

* Comprobación da estanquidade das tapas de bodegas.

* Supervisión da apertura das tapas de bodegas, prestando atención ós arames e cáncamos de seguridade das tapas de aceiro.

* Asegurado de galeotas.

* Inspección de escaleiras e agarradeiras de mans, informando dos danos.

* Supervisión das operacións de carga e descarga.* Inspección dos aparellos de carga, antes e durante a carga.

* Supervisión do colocado da madeira de estiba antes e durante a carga.

* Gornición de iluminación portátil na bodega cando fose necesario.

* Mantemento libre do paso nas cubertas.

* Asistencia ó oficial na supervisión da carga ou descarga interpretando planos de estiba.

* Asistencia na separación da carga.

* Realización das referencias adecuadas cando se manexan mercadorías clasificadas no código IMDG.

* Arranchar ventilación de bodegas.

* Control e rexistro de temperaturas.

* Anotación dos danos a cargo ou ó buque e informar ó 1º oficial.

* Inspección do trincado de:

.Contenedores.

.Vehículos.

.Carga sobre cuberta.

* Realiza-lo control da estabilidade.* Asistencia na preparación do plano de carga.

* Anotación da carga especial ou correo.

* Medición e cálculo de espacios mortos.

* Uso da medida dos calados para calcula-la carga ou descarga.

* Cálculo da estabilidade.

* Uso do instrumento de carga, se se ten, para comprobar que o momento flector e os efectos cortantes están nos límites admisibles.

* Realiza-las operacións de arranchado de cuberta para a saída ó mar.* Asistencia na manobra de pechar e asegurar tapas de zapóns.

* Asistencia no arranchado de:

.Tapa de tanques.

.Estanquidade das tapas de zapóns.

* Asistencia na estiba e asegurado de puntais e guindastres.

* Asistencia ó 1º oficial na comprobación de que o buque está arranchado a son de mar.

* Realiza-las operacións rutineiras da navegación costeira.* Interpretación das abreviaturas das cartas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Trazado e comprobación de rumbos na carta.

* Aplicación de variacións, desvíos e erros de xiro.

* Comprobación de erros do compás por acimut do sol e estrelas.

* Entrada de resultados do erro de compás no libro do compás.

* Comparación dos rumbos dos compases e verificación do rumbo dos repetidores do xirocompás.

* Comprobación periódica de que o rumbo do buque, feito polo temoeiro ou piloto automático, é o correcto.

* Fixa-la posición do buque con demoras tomadas con compases e alidadas.

* Lectura do carril, distancia percorrida.

* Estimación do abatemento.

* Aplicación da información de mareas da carta, correntes e mareas do atlas.

* Determinación da posición estimada por cálculos e estima.

* Realiza-las operacións rutineiras da navegación electrónica.* Fixa-la posición do buque con marcacións radar.

* Obtención da profundidade con eco-sonda.

* Aplicación das curvas de calibración para as correccións das demoras tomadas por gonio.

* Fixa-la posición do buque con demoras tomadas con gonio.

* Fixar posicións por demoras de gonio aplicando a corrección de converxencia cando sexa preciso.

* Fixar posicións por calquera outro sistema radioelectrónico. Aplicando correccións de táboas ou diagramas:

.OMEGA.

.DECCA.

.LORAM.

.G.P.S.

* Propoñer un plano de viaxe, seleccionando cartas e publicacións náuticas e tendo en conta información meteorolóxica.* Realización das correccións de cartas co boletín de avisos ó navegante (con medios electrónicos se estivesen dispoñibles).

* Asistencia na corrección e posta ó día das cartas de navegación.

* Obtención de informacións a través de:

.Catálogo de cartas.

.Lista de luces.

.Lista de radio sinais.

.Derrotas.

* Cálculo da altura de mareas en portos estándar e secundarios.

* Cálculo da altura da marea a unha hora determinada.

* Trazado da derrota do buque para unha viaxe.

* Realiza-las operacións de comunicacións con procedementos radiotelefónicos e código de sinais.* Mantemento operativo da lámpada de sinais e as súas baterías.

* Contacto con buques e estacións terrestres por medio de sinais Morse.

* Baixo supervisión, comunicación con buques e estacións costeiras por medio do radioteléfono, usando o vocabulario estándar de navegación marítima.

* Baixo supervisión, conexión e comprobación da alarma radiotelefónica.

* Baixo supervisión, conexión e comprobación da alarma radiotelegráfica.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Práctica co código internacional de sinais, bandeiras e sinais acústicos na entrada e saída do porto.

* Realiza-las medicións e observacións meteorolóxicas rutineiras.* Estimación da forza e dirección do vento, estado do mar.

* Realización das lecturas de:

.Termómetro.

.Higrómetro.

.Barómetro.

.Barógrafo.

* Identificación do tipo de nubes.

* Estimación da visibilidade.

* Codificación e descodificación de información meteorolóxica.

* Realizar operacións rutineiras de mantemento do equipo de seguridade na sala de máquinas.* Identificación das vías de acceso e evacuación dos espacios de máquinas.

* Asistencia ás operacións rutineiras de mantemento dos equipos e dispositivos de seguridade contra incendios na sala de máquinas.

* Toma de datos da arte de pesca.* Debuxo a escala de plano da arte de pesca indicando tipos de materiais, luz de malla, distribución de flotadores e lastres.

* Debuxo da disposición xeral do buque para a manobra de largado/virado da arte e/ou aparellos de pesca.

* Control e manobra nas faenas de pesca.* Toma de datos: posición, rumbo, R.P.M., sonda, carril, cable, distancia radar para manobras, temperatura da auga.

* Alteracións importantes: cruce con outros buques, arriado/izado de marcas, cambios de rumbo > 90º, accidentes do fondo importantes na pesca.

* Realización de planimetría do lance de pesca: indicar posicións de saída, chegada e intermedias.

* Realización de plano do perfil fondo e situacións.

* Realiza-la manobra de largado e virado.* Comprobación da posición do buque en relación co vento.

* Comprobación da posición do buque respecto a outros buques e á costa.

* Comprobación de que a arte de pesca está clara na auga.

* Execución baixo supervisión de:

.Control de máquina.

.Control de rumbo de largada.

.Control da faena de largada/virada, malletas, portas e cable.

* Comprobar, avaliar e repara-las roturas producidas na arte de pesca.* Sinalización, no plano da arte de pesca, da situación e forma das avarías.

* Corte e unión de panos e redes.

* Armado dos panos sobre as relingas.

* Asistir ó armado dunha arte nova segundo instruccións de montaxe.* Armado de flotadores, lastres e xaretas.

* Montaxe de ventos e calóns e malletas.

* Montaxe de falsa boza e pés de galo.

* Verifica-las operacións de manipulación e procesado do peixe baixo supervisión.* Clasificación e viscerado e lavado.

* Estiba e conservación.

* Control das operacións de limpeza e desinfección dos elementos do buque.

* Realiza-los traballos de axuste e mantemento rutineiros dos sistemas de regulación e control seguindo as normas e procedementos establecidos en libro de instruccións.* Identificación dos elementos e as súas funcións.

* Descrición dos modos de operación.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realizar traballos de substitución de sensores, calibración e axuste nos sistemas de indicación e alarma.* Axuste de valores de consigna, modo de operación automático/manual e cambio porto/máquina.

Duración 740 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

. Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

. Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

. Analiza-las actuacións a seguir en caso de accidentes de traballo.

. Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

. Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

. Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

. Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

. Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

. Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

. Describi-lo sistema de protección social.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Saúde laboral.

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

Conceptuais.

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos.

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e de os intereses persoal.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

.Valoración e cumprimento da normativa laboral.

.Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1.Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de pesca e transporte marítimo.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Administración do buque.* Navegación e instalacións mariñas.* Profesor de ensino secundaria.

2. Estabilidade e manobra do buque.* Máquinas, servicios e producción.* Profesor técnico de F.P.

3. Navegación e comunicacións do buque.* Máquinas, servicios e producción.* Profesor técnico de F.P.

4. Pesca: extracción e conservación.* (1)* (1)

5. Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.* Navegación e instalacións mariñas.* Profesor de ensino secundaria.

6. Automatización, regulación e control.* Navegación e instalacións mariñas.* Profesor de ensino secundaria.

7. Lingua estranxeira.* Inglés.* Profesor de ensino secundaria.

8. Relacións no equipo de traballo.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundaria.

9. Formación e orientación laboral.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundaria.

(1) Para a impartición deste módulo profesional é necesario un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.1.2.Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.

.Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Navegación e instalacións mariñas.

Establécese a equivalencia, a efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en máquinas navais.

-Diplomado en navegación marítima

-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

-Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios do buque.

-Diplomado da mariña civil:

Náutica.

Máquinas navales.

Radioelectrónica naval.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

.Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 724/1994, do 22 de abril, o ciclo formativo de formación profesional en grao medio en pesca e transporte marítimo require, para a impartición das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

.Taller de artes e aparellos240 m20 %

.Laboratorio de navegación e pesca 60 m15 %

.Taller de seguridade e supervivencia120 m 15 %

.Buque de prácticas --15 %

.Aula polivalente 60 m35 %

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, por tanto, ten un senso orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Acceso ó bacharelato, validacións e correspondencias.

4.3.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso.

-Tecnoloxía.

-Ciencias da natureza e da saúde.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Administración do buque.

* Estabilidade e manobra do buque.

* Navegación e comunicacións do buque.

* Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.

4.3.3. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Administración do buque.

* Estabilidade e manobra do buque.

* Navegación e comunicacións do buque.

* Pesca: extracción e conservación.

* Automatización: regulación y control.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:

HorasCS pesca e transporte marítimo

2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

110Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.
100Administración do buque.
225Navegación e comunicaciones do buque.
225Pesca: extracción e conservación.
130Automatización: regulación e control.
105Lingua extranxeira (inglés).
65Horas a disposición do centro.

4º, 5º e 6º trimestre

170Estabilidade e manobra do buque.
65Relacións no equipo do traballo.
65Formación e orientación laboral.
740Formación en centro de traballo.

6279