Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 12 do PXOU de Vigo relativo á norma urbanística 3.4 e á ordenanza 1.2 de edificación aberta (expediente 4247/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 31 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual número 12 do expediente de corrección de deficiencias do PXOU de Vigo, norma urbanística 3.4 e da ordenanza de edificación aberta das unidades de execución do

núcleo central UE Metalúrxica, UE I-04 Unión Cervexeira e UE Filipinas-Couto de San Honorato e do núcleo exterior UE 4 Igrexa-Cabral, UE 4 Canteira-Matamá, UE 14 Pedreira-San Miguel de Oia.

De confomidade co establecido no artigo 48.2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, co solo de Galicia, o documento completo aprobado da normativa e ordenanza modificadas será publicado no BOP de Pontevedra.

Vigo, 11 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente

6809