Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía 40/1997, con data do 30 de xuño, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación forzosa complementaria para a adquisición dos terreos necesarios para as conexións ó colector xeral, polo procedemento de taxación conxunta,

aprobando os seguinte documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizadas de cada predio.

A superficie que se expropia é de 152 m e a valoración total ascende á cantidade de 61.387 ptas., incluído o 5% do premio de afección, sendo a relación de afectados a seguinte:

Predio: C-17.

Propietario: Manuel Saa Sánchez. Carrero Blanco, 57-3º F, Lugo.

Superficie: 152 m.

Valoración: 61.387 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 219.2 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana e artigo 145.2 e 3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, expóñense ó público polo termo dun mes, para que que poida resultar interesado, formule as alegacións e reclamacións que coide convenientes ós seus dereitos.

Así mesmo, dáselles coñecemento ós interesados que puidesen resultar descoñecidos para os efectos de legal notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 21 de xullo de 1997.

V. e Prace

O alcalde

José Antonio Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

6447