Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de xullo de 1997 pola que se lle outorga a Gas Galicia, SDG, S.A. concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais, no termo municipal de Barbadás.

Visto o escrito presentado pola empresa Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio social en rúa A Rosa, 16-3º B, 15701 Santiago de Compostela, a Consellería de Industria e Comercio ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 28 de febreiro de 1997 a mencionada empresa, dedicada á producción, conducción distribución e subministración de combustibles gasosos, solicitou, ó abeiro da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles e do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural no termo municipal de Barbadás (Ourense), para o efecto da cal presentou o preceptivo proxecto das instalacións obxecto da concesión a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2913/1973.

As características principais das instalacións son as seguintes:

1. A rede básica de distribución terá a súa orixe na rede de distribución de Enagás, o trazado da cal discorre polo citado concello, a través do correspondente punto de entrega de gas natural, no que se realizará a medición do gas e tamén se reducirá a súa presión desde o rango AP-16 (16 bar) ata o rango MPB (4 bar). Desde esta rede básica, ben directamente ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias no termo municipal citado.

2. A rede secundaria deseñarase e operará en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poblacionais e dos condicionantes das vías públicas e de edificación.

3. Para alimenta-la rede de distribución secundaria, a explotación da cal se realizará no rango MPA, instalaranse estacións de regulación MPB/MPA ó longo do trazado da rede primaria.

4. O caudal máximo que se vehiculará será o necesario para atender á demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto da concesión. Conforme os cálculos previstos, estímase en 480 m(n)/h o caudal máximo de gas natural que se canalizará.

5. A lonxitude aproximada das tuberías que comporán a rede será:

-Rede primaria: 1.200 m.

-Rede secundaria 4.026 m.

5. Consideraranse como temperaturas límites as seguintes:

-Máxima:55º C.

-Mínima:-10º C.

Non obstante, para efectos de cálculo, tomarase como base unha temperatura de 15º C.

O orzamento total estimado ascende a setenta e un millóns vintecinco mil corenta e oito pesetas (71.025.048 ptas.).

Segundo.-De conformidade co establecido no citado decreto 2913/1973, a Dirección Xeral de Industria dictou resolución con data do 31 de marzo de 1996, pola que se someteu á información pública a concesión administrativa de referencia, que se publicou no DOG do 8-4-1997, no BOP de Ourense do 19-4-1997, no BOE do 8-4-1997, no xornal La Voz de Galicia do 8-4-1997, así como no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Barbadás e no da delegación provincial sen que se presentase no período legalmente establecido ningunha alegación.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa conforme o Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidad Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continúa en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, en tanto non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Segunda.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

-Outorgarlle á empresa Gas Galicia, SDG, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal de Barbadás.

A presente concesión administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 10 /1987, do 15 de xuño, no Decreto 2913/1973, do 26 de outubro e a cantas disposicións foran ou sexan dictadas sobre o servicio público de subministracións de combustibles, así como ás seguintes condicións:

Primeira.-Gas Galicia SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contado desde o momento do outor

gamento da concesión, unha fianza por valor de 1.420.500 pesetas, importe do 2% de orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o artigo 7, alínea b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-Dentro do prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Gas Galicia SDG, S.A. deberá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia a autorización para a montaxe das instalacións, presentando o proxecto detallado delas, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de concesión, podendo os ditos prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitude acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-Nas instalacións e nas suas montaxes deberá cumprirse o establecido no Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, e deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 8, alínea c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

As instalacións receptoras de gas, a partir da conexión, tanto as comúns como as individuais, deberán cumpri-las normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados, ou, se é o caso, aquelas que as modifiquen o substitúan.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e unha adecuada e eficiente conservación das instalacións, sendo responsable da súa conservación e bo funcionamento dos mesmos.

O concesionario queda suxeito a cantas prescricións se establecen no citado regulamento xeral, así como no modelo de póliza anexo a este, e a cantas outras disposicións foran ou sexán dictadas polo Ministerio de Industria e Enerxía o a Xunta de Galicia sobre subministración de gases combustibles e as suas instalaciónes.

Quinta.-A determinación das tarifas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes no momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outórgase por un prazo de setenta e cinco anos. As instalacións obxecto desta concesión reverterán á Comunidad Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, alínea c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Gas Galicia SDG, S.A. poderá transferir en calquera momento a concesión, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense coidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta orde.

Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial que, segundo as disposicións en vigor, teñan de realizarse nas instalacións obxecto da concesión deberán ser comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afectar á continuidade e seguridade do servicio público, e co fin de garanti-lo mantemento do servicio dos usuarios deste, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución e adopta-las medidas oportunas para mante-la subministración.

Décima.-Poderán ser causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas na alínea e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento da alínea b, do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na resolución e na autorización para a súa montaxe.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente orde; Gas Galicia SDG, S.A., poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión que as instalacións substituídas, ou ben

2. O outorgamento da correspondente concesión para as novas instalacións se, pola importancia dos investimentos que supoñan, non puidese obter unha compensación económica adecuada durante o prazo que restase para a caducidade da concesión antes mencionada, aínda que tendo en conta sempre os dereitos que a Comunidad Autónoma de Galicia poida ter.

Décimo primeira.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, coa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6789