Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento do laboratorio de mecánica de fluídos na Escola Politécnica Superior (expediente 1037/1997, dous lotes).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento do laboratorio de mecánica de fluídos na Escola Politécnica Superior.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

-Lote 1: un millón cincocentas corenta e dúas mil pesetas (1.542.000 ptas.).

-Lote 2: dous millóns trescentas trinta mil pesetas (2.330.000 ptas.).

Garantía provisional:

-Lote 1: trinta mil oitocentas corenta pesetas (30.840 ptas.).

-Lote 2: corenta e seis mil seiscentas pesetas (46.600 ptas.).

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6843