Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de diverso material para o laboratorio de ciencias morfolóxicas para a escola universitaria de Fisioterapia (expediente 1036/1997, tres lotes).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso material para o laboratorio de ciencias morfolóxicas da escola universitaria de Fisioterapia.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

-Lote 1: tres millóns catrocentas sesenta e catro mil pesetas (3.464.000 ptas.).

-Lote 2: seiscentas seis mil pesetas (606.000 ptas.).

-lote 3: catrocentas setenta mil pesetas (470.000 ptas.)

Garantía provisional:

-Lote 1: sesenta e nove mil duascentas oitenta pesetas (69.280 ptas.).

-Lote 2: doce mil cento vinte pesetas (12.120 ptas.).

-Lote 3: nove mil catrocentas pesetas (9.400 ptas.).

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6837