Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de agosto de 1997, da Secretaria Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 10 de xullo de 1991.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 97/1755 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 10 de xullo de 1991, pola que no expediente E.S 1/90 se sanciona con multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) e se ordena a devolución das cantidades indebidamente percibidas pola comisión dunha infracción moi grave do artigo 153.c.1 do Regulamento de vivendas de protección oficial (VPO) polo sobreprezo no alugueiro da vivenda letra C, piso 6º, número 26 da rúa Xoán XXIII en Ourense, e da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-91/1755 interposto por Severino Pérez Pérez contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Ourense, do 10 de xullo de 1991, pola que no expediente E.S 1/90 se sanciona con multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) e se ordena a devolución das cantidades indebidamente percibidas pola comisión dunha infracción moi grave do artigo 153.c.1 do Regulamento de vivendas de protección oficial (VPO) polo sobreprezo no alugueiro da vivenda letra C, piso 6º, número 26 da rúa Xoán XXIII en Ourense, resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de agosto de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6533