Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de agosto de 1997, da Secretaria Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 1 de xuño de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 93/1330 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 1 de xuño de 1993, pola que no expediente VPC 24/91 se resolve o sobresemento do citado expediente aberto por denuncia de Dolores Tudo Martínez, en nome e representación da comunidade de propietarios de Ronda de Outeiro nº 1, contra Edificios Noroeste, S.A. (Edinsa), e da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-93/1330 interposto por Teresa García Varela en nome e representación da comunidade de propietarios de Ronda de Outeiro, nº 1 contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 1 de xuño de 1993, pola que no expediente VPC 24/91 se resolve o sobresemento do citado expediente aberto por denuncia de Dolores Tudo Martínez, en nome e representación da comunidade de propietarios citada, contra Edificios Noroeste, S.A. (Edinsa), resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de agosto de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6614