Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xuño de 1997 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 1997/1998 nos centros de niveis non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertido erro na dita orde publicada no DOG, número 157, do luns 18 de agosto, procede face-la seguinte corrección:

-Na páxina nº 7.990, punto 4.1, onde di:«As vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 3 ata o 13 de abril de 1998, ámbolos dous inclusive», debe dicir: «As vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 4 ata o 13 de abril de 1998, ámbolos dous inclusive».

6766