Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.860

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 30 de xullo de 1997 pola que se nomea un vocal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No artigo 5 do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Con

temporánea, establécese que o Padroado do CGAC será o seu órgano rector colexiado, indicando a composición dos seus membros; e que lle corresponde ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social o nomeamento dos vocais por designación entre persoas de recoñecido prestixio ou competencia en asuntos relacionados coa cultura e as artes plásticas ou que se distinguisen polos servicios ou axudas ó Centro Galego de Arte Contemporánea.

Por isto, conforme as facultades conferidas na disposición final primeira do citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como vocal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, a Carlos Casares Mouriño.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6827