Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido na lexislación vixente faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa transversal á rúa Pena Nofre, na Comisión de goberno do 3 de xullo de 1997.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida utiliar calquera outro recurso que considere oportuno.

Ourense, 10 de xullo de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

6801