Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

ANUNCIO.

Incluída Oferta de emprego público deste concello para o ano 1997, e aprobadas as bases polo Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día vintecatro de abril, convócase concurso-oposición, para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo

por promoción interna consonte as bases do teor literal seguinte:

Bases que rexerán a convocatoria para provisión en propiedade, por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de administrativo de administración xeral deste concello.

Primeira.-Obxecto.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de administrativo de administración xeral deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1997. A praza está encadrada na escala de administración xeral, subescala administrativa, pertencente ó grupo C, de conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto.

A convocatoria publicarase integramente no BOP e no Diario Oficial de Galicia, anunciándose extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos publicaranse soamente no BOP.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos ás probas selectivas, os aspirantes deben reuni-los seguintes requisitos, referidos á data en que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertencer á Escala de Administración Xeral, Subescala de Auxiliares deste concello.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

c) Ter unha antigüidade de polo menos dous anos na subescala de auxiliares de administración xeral deste concello.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias polas que se solicita tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán tamén presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nas instancias farase constar expresamente que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

Así mesmo, xunto coa instancia, os interesados presentarán a documentación acreditativa dos méritos que se valorarán na fase concurso (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da instancia, e resgardo

de teren aboados os dereitos de exame, que se fixan en 1.500 pesetas.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, concedendo un prazo de dez días hábiles para efectos de reclamacións. Se as houber,serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que será así mesmo publicada no forma indicada.

Na mesma resolución o alcalde-presidente determinará o lugar, hora e data de comezo dos exercicios e a composición do tribunal cualificador.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgue as probas estará composto do seguinte modo:

Presidente: o alcalde da corporación ou membro dela en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionarios en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

Dous funcionarios de carreira nomeados polo presidente da corporación.

A designación dos membros do tribunal incluirá a dos seus respectivos suplentes, e farase pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para efectos de recusación.

O tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, titulares ou suplentes. En todo caso, requírese a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas nas que deleguen.

O Tribunal poderá dispo-la incorporación de asesores-especialistas para as probas que coide pertinentes, e estes limitaranse unicamente ó exercicio das súas especialidades técnicas con base exclusivamente ás cales colaborarán co órgano de selección.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento das probas.

As probas selectivas no poderán dar comezo ata que transcorran dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O día, hora e lugar de clebración do concurso e a oposición anunciarase no BOP. A publicación dos sucesivos anuncios faraa o tribunal no taboleiro de anuncios do concello.

Sétima.-Sistema de selección.

A selección farase mediante concurso-oposición. A fase de concurso será previa á de oposición.

a) Na fase concurso valoraranse os méritos presentados polos aspirantes, ata un máximo de 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo de servicio no grupo de orixe, 0,25 puntos, at un máximo de 3 puntos.

2. Titulacións académicas: estar en posesión dalgunha titulación superior á esixida para participar nas probas, 2 puntos.

3. Coñecementos informáticos: cursos de informática impartidos por organismos oficiais sobre informática de xestión municipal, tratamento de textos, bases de datos, follas de calculo ou calquera outro curso de informática 1 punto por curso, ata un máximo de 4 puntos.

4. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación e perfeccionamento para funcionarios de Administración local, 0,5 puntos por curso, ata un máximo de 1 punto.

Esta fase non terá carácter eliminatorio nin se poderá ter en conta para supera-las probas da fase oposición.

b) Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, un test de preguntas baseadas no contido do programa anexo. O test cualificarase de forma matemática, asignándose puntuación positiva ós acertos e negativa os erros, non se computarán as deixadas en branco.

2. Realización, no prazo máximo dunha hora, dun ou varios supostos prácticos, propostos polo tribunal, en relación co programa anexo e que poderán consistir en exercicios de carácter informático.

Oitava.-Cualificación.

Os exercicios serán obrigatorios e eliminatorios. Cualificaranse ata un máximo de 10 puntos cada un deles, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10, e a cualificación de cada aspirante será o resultado de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos obtidos. A cualificación definitiva do concurso-oposición será o resultado de suma-las puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición, maila puntuación resultante na fase de concurso.

Novena.-Relación de aprobados, presentación documentación e nomeamento.

Rematadas as probas, o tribunal publicará a relación de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará proposta, con carácter vinculante, xunto coa acta da última sesión, á Comisión de Goberno para que formule o nomeamento pertinente.

O aspirante proposto presentará na secretaría do Concello, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados, a documentación acreditativa de reuni-los requisitos sinalados na base segunda.

Décima.-Toma de posesión.

Unha vez aprobada a proposta de nomeamento, o opositor nomeado tomará posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que lle fose notificado o nomeamento. En caso contrario, sen que mediase causa xustificada, quedará en situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases a cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma en que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que puidesen presentarse e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde do concurso-oposición, naqueles aspectos non previstos nas presentes bases.

Para o non previsto na convocatoria, será de aplicación o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, R.D.L. 781/1981, do 18 de abril, Lei 30/1984, do 2 de agosto, Regulamento xeral de ingreso na Administración pública e demais disposicións concordantes de aplicación.

ANEXO

PROGRAMA DE TEMAS

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización territorial do Estado na Constitución.

Tema 4. A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. Sucesión e rexencia.

Tema 5. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento.

Tema 6. O poder xudicial na Constitución. A organización xudicial española.

Tema 7. A Administración central do Estado. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. A Administración periférica do Estado.

Tema 8. As comunidades autónomas. Constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 9. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A Administración autonómica: organización e estructura básica.

Tema 10. As fontes do dereito administrativo. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. A lei: clases.

Tema 11. O regulamento: clases. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 12. O procedemento administrativo. Principios xerais. Dimensión temporal: días e horas hábiles, cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 13. Fases de procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo. Os actos presuntos.

Tema 14. O acto administrativo. Concepto, clases e elementos.

Tema 15. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 16. Os recursos administrativos. Clases. Recursos ordinarios e de revisión. As reclamacións económico-administrativas.

Tema 17. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia ó interesado.

Tema 18. As formas de actividade administrativa. O fomento. A Policía.

Tema 19. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 20. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

Tema 21. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 22. O municipio. O termo municipal. A poboación. Empadroamento municipal.

Tema 23. A organización municipal. O Concello: o alcalde, o pleno, a comisión de goberno e comisións informativas. Competencias.

Tema 24. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos constitución. Votacións. Actos e certificados de acordos.

Tema 25. Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de concellos. A comarca.

Tema 26. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Réxime de sesións e acordos dos órganos locais.

Tema 27. O procedemento administrativo na esfera local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 28. As formas de actividades das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Réxime xurídico das licencias.

Tema 29. Os bens das entidades locais. Regulación. Concepto e clasificación. O dominio público local.

Tema 30. O patrimonio das entidades localis. Conservación e tutela dos bens.

Tema 31. O servicio público. Os modos de xestión.

Tema 32. A contratación administrativa na esfera local.

Tema 33. A función pública local. Cadros de persoal e relacións de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios da corporación.

Tema 34. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime económico. A Seguridade Social dos funcionarios locais. Referencia ó persoal laboral.

Tema 35. A facenda local. Ordenanzas fiscais. Clasificación dos ingresos.

Tema 36. Os orzamentos locais. Concepto e estructura. Formación e aprobación. As modificacións orzamentarias.

Tema 37. Réxime xurídico do gasto público local, Ordenación de gastos e orde de pagamentos, órganos competentes. Documentos contables.

Tema 38. Control e fiscalización da xestión económica. Control interno e control externo. A conta xeral: estados e anexos que a forman. Aprobación.

Tema 39. Libros de contabilidade. Obrigatoriedade e requisitos. A apertura da contabilidade.

Tema 40. O planeamento urbanístico. Clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 41. Intervención na edificación e uso do solo.. A licencia urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas.

Leiro, 22 de xullo de 1997.

Francisco José Fernández Pérez

Alcalde

6351