Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 29 de xullo de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de San Cristovo de Reis (Teo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Cristovo de Reis (Teo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 129/89 de 6 de xullo (DOG nº 140 do 21 de xullo de 1989).

Primeiro.-Con data 18 de xullo de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de San Cristovo de Reis (Teo-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Teo e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírteselle, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artígos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 29 de xullo de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural da Coruña

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

6438