Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira 3/1997, por procedemento aberto, con pagamento suxeito á liquidación final.

A Delegación Provincial da Coruña resolve convoca-la poxa de madeira nº 3/1997, con pagamento suxeito á liquidación final, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de contratación e de Montes e Industrias Forestais, desta delegación (edificio administrativo Monelos, praza Luis Seone s/n 3º e 5º andar, A Coruña) de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións. Para obter fotocopias dirixirse a

copisteria Copimil, rúa de Salvador de Madariaga, 16-baixo (A Coruña). Tlf. 13 54 76.

4. Prazo de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos, 3º andar), na forma legalmente establecida (art. 100 RXC).

6. Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais e no rexistro da delegación, o día seguinte ó da públicación deste anuncio.

8. Gasto de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Información sobre esta poxa: tlfs. 18 46 63 e 18 45 11.

O adxudicatario, dentro dos quince (15) días seguintes ó da data de notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe de adxudicación.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4 % do prezo de adxudicación e complementaria 6 % do mesmo importe.

e) IVE, 4 % sobre importe de adxudicación.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 27 de agosto de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Relación de aproveitamentos forestais

Exped.MontePertenzaConcelloElencoMotivoSituaciónEspecieNº pésM.C.Ptas./mcTaxaciónTaxasFiaz.

97201/15San LoisComunidade ObreNoiaC-2059RareoEn péP. pinaster11 ha396600237.60016.2234.752
97202/15Barbanza

Camboño

Comunidade CamboñoLousameC-2002RareoEn péP. pinaster16 ha518200103.60017.5652.072
97203/15Castro ValenteComunidade ConfurcoPadrón1515563RareoEn péP. pinaster8 ha864200172.80024.7403.456
97204/15CortiñasComunidade CortiñasPadrónC-2113RareoEn péP. pinaster10 ha900200180.00025.4863.600
97205/15Castro ValenteComunidade BandinPadrónC-2112-1RareoEn péP. pinaster14 ha1.260200252.00032.9525.040
97206/15Castro ValenteComunidade MoronoPadrónC-2112-3RareoEn péP. pinaster25 ha2.700200540.00062.81410.800
97207/15San GregorioComunidade ExtramundiPadrónC-3007RareoEn péP. pinaster10 ha900200180.00025.4863.600

6437