Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-124/1996 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 29 de xullo de 1997.

José Luis Diez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-124/1996

Denunciado: Jorge Irago Villanueva.

Último domicilio conocido: Igrexa, s/n Tremoedo-Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo de autorización. No momento da intervención estaban calando un furón

e colocando unha rede; ó seren requiridos déronse á fuga, deixando atrás a rede e levando o furón, o día 27 de outubro de 1996, no termo municipal de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.8 e 2.31 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 7.000 ptas.

Expediente: C-128/1996

Denunciado: Clemente González Abal.

Último domicilio conocido: Tarrío, 15 Caleiro-Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.143, carecendo de autorización. Di ter permiso oral do propietario dos terreos. Foi denunciado anteriormente este mesmo ano, o día 27 de outubro de 1996, no termo municipal de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.8 e 2.31 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-129/1996

Denunciado: Benito Chávez Paz.

Último domicilio conocido: Tarrío, s/n Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.143, carecendo de autorización. Di ter permiso oral do propietario dos terreos. Foi denunciado anteriormente este mesmo ano, o día 27 de outubro de 1996, no termo municipal de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.8 e 2.31 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

6332