Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (502/1997).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos de Vigo e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de desafiuzamento co número 502/1997, por instancia da Comunidade de Bens San Andrés, representada pola procuradora María Rosa Seijo Novoa, contra Julia Romero Salazar, Emilio Jiménez Silva, Avelino Romero Salazar, Ana Maia Gabarri Borja, José Antonio Jiménez Romero e María Isabel Barrul Romero, sobre precario.

Por providencia desta data acordouse cita-los codemandados Ana María Gabarri Borja e Avelino Romero Salazar para que comparezan o xuízo o próximo día 25 de setembro ás 10 horas da mañá en primeira citación e o día 26 de setembro á mesma hora en segunda citación, na sala de audiencias deste xulgado, sito no 5º andar do edificio dos xulgados de Vigo, na rúa Lalín nº 4, co apercibimento de que, de non o verificar, teráselles por conformes co desafiuzamento, indicándolles que teñen na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos con ela achegados.

E para que lles sirva de citación ós devanditos demandados, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Vigo o dezaseis de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6143