Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SESENTA E CATRO DE MADRID

EDICTO (132/1992).

Eu, Miguel María Rodríguez San Vicente, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número sesenta e catro desta capital, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo de cognición 132/1992 cs, por instancia de Caja de

Ahorros de Salamanca y Soria, representada pola procuradora María Carmen Ortiz Cornago, contra Naviera C. Molares, S.A. e Carlos A. Morales Álvarez; e nas súas actuacións dictei provisión con data do sete de xullo de mil novecentos noventa e sete, polo que acordo que, sendo firme a sentencia dictada e dado o paradoiro descoñecido do codemandado Morales Álvarez, ó ser condenada a parte demandada, se proceda ó embargo dos bens propiedade do codemandado Carlos A. Morales Álvarez e, en concreto, a moticicleta marca Honda, modelo MBX 75, matrícula PO-8429-V.

E para que así conste e lle sirva de mandamento de embargo ó codemandado Carlos A. Molares Álvarez e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid, expido y asino o presente edicto en Madrid o sete de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6224