Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ACORDO de inicio do procedemento administrativo sancionador 10-97.

Vista a denuncia presentada polo celador do porto de Burela, Eliseo Fernández Rodríguez, con data do 10-4-1997, pola que se tivo coñecemento dos seguintes feitos:

«O Ford Escort 1,8 D, matrícula LU-2065-O, propiedade de José Luis Fernández Seivane, estaciona (ás 8.30 horas da data arriba referenciada) en zona non autorizada do porto de Burela, concretamente na zona de carga e descarga, entorpecendo as súas funcións».

Resultando, que se designa instructor do expediente a Ana Isabel Calzadilla Bouzón, xefa da zona norte de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos en r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13-1º, 27071 Lugo, sendo o seu réxime de recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante L.R.X.P.A.C.).

Considerando que os feitos imputados poden ser constitutivos dunha infracción administrativa tipificada no artigo 114.1.a), da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio, policía e réxime dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, da que aparece como presunto responsable José Luis Fernández Seivane, con domicilio en r/ Vilaestremil-Frexulfe, 27770 O Valadouro (Lugo), e pola que, de acordo co artigo

120.1º da Lei de portos, puidese corresponderlle a sanción de 5.000 ptas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, acórdase o inicio de procedemento administrativo sancionador común.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do D. 227/1995, do 20 de xullo, do regulamento do Ente Público Portos de Galicia, en relación co artigo 18.2.e) do devandito decreto é o xerente de Portos de Galicia.

Recórdaselle ó presunto infractor, que de acordo co artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionador, (en adiante R.P.), dispón dun prazo de quince días contados desde o día seguinte ó da recepción do presente acordo, para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Así mesmo, e con anterioridade ó trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e presenta-los documentos que se consideren convenientes.

As alegacións serán presentadas perante do órgano instructor do expediente designado no presente acordo.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade ou proceder ó pagamento voluntario en calquera momento anterior á resolución, observarase o disposto no artigo 8 do R.P.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo será considerado proposta de resolución.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor, con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo, en todo caso, por tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da LRJPAC.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1997.

Carlos M. Losada Soutelo

Xerente do Ente Público de Portos de Galicia

6235