Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Outeiro (Castro de Rei-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 31/1991 do 1 de febreiro, o seguinte:
Primeiro.-Con data 21-7-1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Outeiro (Castro de Rei-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Castro de Rei e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOPa, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no tablón de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla 197-1º), nas oficinas centrais da consellería (Edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do término municipal a efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás
bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).
Lugo, 22 de xullo de 1997.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras
e Desenvolvemento Rural de Lugo
6229