Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (285/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de menor contía 285/1997, que se segue neste xulgado por instancia de Ramón Tuñas Lores, actuando por si e en nome da comunidade de herdeiros de Argimiro Tuñas Lourido, representado pola procuradora Goimil Martínez, contra calquera persoa que se poida considerar con interese ou afectada polos temas que se presentan, sobre declaración de propiedade da casa sita na rúa do Peso, número 2 desta cidade de Santiago de Compostela, por medio da presente cédula emprázase os demandados antes sinalados co fin de que no prazo de dez días comparezan en autos en legal forma por medio de procurador que os represente e avogado que os dirixa, coa prevención de que, se non o fixer, será declarado en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiros de anuncios deste xulgado, expido esta cédula en Santiago de Compostela o tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6268