Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (104/1997).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo decla

rativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 104/1997, por instancia de Banco Central Hispanoamericano S.A., representado polo procurador García Píccoli Atanes, sobre reclamación de cantidade; por medio da presente cédula emprázase o demandado Contratas Compostela S.L. con CIF B-15.459.191 e enderezo en Ciudad del Transporte, edificio SEUR, polígono do Tambre ou rúa Tabaniscas 47, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, Contratas Compostela, S.L., a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

4917