Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (208/1997).

En virtude do acordado por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 208 do 1997, por instancia de María Teresa Sobradelo Creo, representada polo procurador Cuns Núñez; por medio da presente cédula emprázase o esposo demandado Leyson Valenti Guillén Valdivieso, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, e para que consteste a demanda, formulando se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións cás sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de maio de 1997.

Gonzálo J. Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

4916