Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (54/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase co número 54 de 1996, expediente de xurisdicción voluntaria, sobre formación de inventario de bens do causante Santiago Midón Nieves, e posterior venda en pública poxa de predio correspondente á herdanza deste. Por resolución desta data, acordouse sacar a poxa pública, por primeira vez e termo de trinta días o seguinte predio:

Predio nº 992 do plan xeral da concentración parcelaria da zona de Eixo- Marrozos; terreo dedicado a monte no lugar de Canoteira, concello de Santiago de Compostela, dunha superficie dunha hectárea, dúas áreas e 60 centiáreas, que linda ó norte, con Concepción Gamas Castro; sur, con camiño; leste, con Isolina Iglesias Raíces; e oeste, con camiño.

O tipo inicial da poxa será o de 1.539.000 pesetas. De quedar deserta a primeira, o tipo para a segunda sería de 1.385.000 pesetas.

A primeira poxa terá lugar neste xulgado o día 25 de setembro próximo, ás doce horas e, se é o caso, a segunda, o día 28 de outubro seguinte, á mesma hora.

Para tomar parte nela, será necesario consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado do Banco Bilbao-Vizcaya, número 1500-49-005496, o 20% da cantidade establecida como tipo para cada unha delas.

Desde o anuncio da poxa ata a celebración da primeira e, se é o caso, segunda, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto daquel o resgardo do ingreso da consignación na conta de consignacións do xulgado.

Poderanse facer ofertas en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Fáiselles saber ós licitadores que o prego de condicións da poxa queda de manifesto para eles na secretaría deste xulgado.

Dado en Santiago de Compostela o tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6018