Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/118-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sestelo y Cía.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Oleiros-Barciademera.

Situación: O Covelo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1.282 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existente de Barciademera ata o C.T. que se proxecta en Oleiros, concello do Covelo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6334