Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/70-2-4753 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: ampliación da subestación de Magazos-Viveiro (2ª fase).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: ampliación da subestación eléctrica 130/20 kV de Magazos-Viveiro (2ª fase). Proxéctase instalar dous módulos de liña a 130 kV de 30 e 24 MVA respectivamente, estando alimentada actualmente por unha única liña que a une coa subestación de Mondoñedo, para mellora do servicio eléctrico na zona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 9 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-6378