Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997 pola que se modifica a composición da comisión de selección do IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia.

Producíndose a abstención do presidente da comisión de selección do IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 15 de xuño de 1997 (DOG nº 121, do 25 de xuño), este centro directivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Designar presidente da comisión de selección a Domingo Bello Janeiro, director da Escola Galega de Administración Pública.

Segundo.-Actuará como vocal, en substitución do director da Escola Galega de Administración Pública, un inspector de servicios designado polo presidente da citada comisión.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

6511