Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Santa Gema da Coruña, en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.
Resultando que o antedito centro privado obtivo por Orde do 12 de agosto de 1971 a autorización para dúas unidades de educación preescolar; e por Orde do 2 de febreiro de 1996 a transformación e clasificación definitiva para seis unidades de educación primaria.
Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o informe preceptivo, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.
Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12), pola que se desenvolve o antedito decreto.
Esta consellería,
DISPÓN:
Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de Educación Infantil que se relaciona no anexo da presente orde, con efectos de 31 de agosto de 1997, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia da Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: Santa Gema, nº 40.
Denominación: Santa Gema.
Titular: Centro Santa Gema Sociedad Cooperativa Limitada.
Autorización do cesamento de actividades do centro.
6414