Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Nuestra Señora del Carmen de Fene (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Nuestra Señora del Carmen de Fene (A Coruña), en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo por Orde do 5 de xuño de 1990 a autorización para unha unidade de educación preescolar; e por Orde do 20 de decembro de 1979 a autorización para oito unidades de educación xeral básica.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o informe preceptivo, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: Fene.

Enderezo: Avda. Naturales, 29-31.

Denominación: Nuestra Señora del Carmen.

Titular: Rita Seijido López.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

6190