Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.147

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a Francisco Javier Cabrera Bellmont (praza 48/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 23 de setembro de 1996 (BOE do 26 de outubro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a prol de Francisco Javier Cabrera Bellmont, DNI nº 00.375.205, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, e uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Cabrera Bellmont profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 23 de xullo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6126