Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia unha contratación, polo sistema de procedemento aberto, por concurso e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e montaxe dos equipos e materiais dunha exposición sobre o medio mariño para o Cielga.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: edificio do Cielga, O Vilar, Ribeira.

Prazo de entrega: tres (3) meses contados desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de ptas. (dez millóns de pesetas).

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela; Tel.: (981) 54 61 42; fax: (981) 54 61 38 ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais

contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que se presentará: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela) ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: no.

8. Apertura das ofertas.

Na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez trinta (10.30) horas do día no que se cumpran tres días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

6176