1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: servicios.
Descrición do obxecto: realización e edición dunha guía do comprador de peixe fresco de Galicia.
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (Salgueiriños-Santiago de Compostela).
Prazo de entrega: tres (3) meses contados desde o asinamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 15.000.000 de ptas. (quince millóns de pesetas).
5. Garantías.
Provisional: 300.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela; Tel.: (981) 54 61 42; fax: (981) 54 61 38 ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Documentación que se presentará: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela) ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.
Admisión de variantes: si.
8. Apertura das ofertas.
Na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez trinta (10.30) horas do día no que se cumpran tres días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.
Ana Mª Gallego Castro
Directora xeral de Formación Pesqueira
e Investigación
6472