Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

MODIFICACIÓN do PXOU de Ourense, zona 2 do SU-29.

O Concello Pleno en sesión ordinaria do día 9 de maio de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por unanimidade dos presentes, aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense, na zona 2 do SU-29, por petición do Concello de Ourense».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 10 de xullo de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

5970