Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto desta alcaldía, do 22 de xullo de 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de dúas rúas no Camiño das Pedreiras e prolongación da Avda. do Ambulatorio, promovido por Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A.

O que se fai público para que no prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, as persoas que se consideren afectadas poidan formula-las alegacións que consideren convenientes para os seus

dereitos. Para os efectos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e do artigo 59.4º da LRXAP-PAC, este anuncio serve de notificación persoal ós propietarios descoñecidos.

Carballo, 23 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

6012