Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-214/1996 e LU-433/1996, por non ter constancia no expediente da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador do delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no

prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311-152-11518, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 15 de xullo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: LU-214/1996.

Denunciado: Luis Seoane Cacharrón.

DNI: 33.634.068.

Último enderezo coñecido: Casa Muíño-Pígar-Guitiriz, Lugo.

Feito denunciado: tirar un cadáver dunha res equina nun predio recoñecido por Chousa, cubríndoo parcialmente con terra, toxos e ramas de piñeiro.

Precepto infrinxido: artigos 157, 158, 159 e 168 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 216 do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 100.000.

-Expediente: LU-433/1996.

Denunciado: Eloy Rodríguez Valcárcel.

DNI: 33.861.433.

Último enderezo coñecido: Vigo de Galegos, 9, Láncara-Lugo.

Feito denunciado: transporta-lo día 19 de novembro de 1996, no vehículo matrícula M-7229-GU, sete cabezas de gando e carecer do documento acreditativo de te-lo vehículo rexistrado na Delegación de Agricultura, para transportar gando.

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 25.000.

6010