Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre solicitude de instalación eléctrica correspondente á liña a 20 kV, enterrada desde Fuxón a Piñeiro (Allariz). (Expediente IN407 97/41-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

b) Localización: Fuxón a Piñeiro (Allariz).

c) Finalidade: mellora-la calidade e seguridade do servicio,

d) Características principais: liña subterránea a 20 kV, de 710 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20, derivada desde o C.T. existente en caseta de obra civil de Fuxón (Allariz), e rematará no C.T. existente en local de edificio Chalets (Allariz).

e) Orzamento: 13.592.994 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª Ourense) e formularen as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 2 de xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6033