Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 8.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión que tivo lugar o 16 de xuño de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle e a delimitación da unidade de actuación número 4 do plan especial de reforma interior de Pontepedriña, promovidos por Inmobiliaria del Noroeste, S.A. Na mesma sesión aprobáronse inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da unidade delimitada.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada no ámbito do citado estudio de detalle, que é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: rúa Amor Ruibal.

Sur: ámbito do Plan parcial do SUP-3.

Leste: terreos ocupados por unha torreta e un transformador de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., en parte incluídos na unidade, e estrada N-525 de Santiago de Compostela a Ourense.

Oeste: vía de nova apertura que enlazará Amor Ruibal co instituto de Pontepedriña.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado