Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 8.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 1997, aprobou inicialmente os plans parciais de ordenación dos solos urbanizables non programados (SUNP) números 2 (Salgueiriños), 3 (Cancelas-Mallou), 7 (O Avío), 9 (Belvís), 13 (A Estrada), 15 (Ponte Pereda) e 16 (Volta do Castro).

No ámbito de cada un dos plans parciais aprobados delimítase un único polígono, qu abrangue a totalidade do respectivo SUNP e que se executará polo sistema de expropiación.

O expediente de expropiación forzosa será tramitado polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo, quen por medio de resolución do seu director xeral do 19 de xuño, aprobou inicialmente a relación dos bens e dereitos afectados pola actuación.

En cumprimento do disposto polos artigos 42 da Lei do solo de Galicia e 199 do Regulamento de xestión urbanística, os plans parciais e a relación de bens e dereitos afectados expóñense ó público durante o prazo dun mes, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes nas dependencias do mercado de gando sitas en Salgueiriños, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do establecido no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito dos respectivos plans parciais.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

Edicto

Por descoñecerse o paradoiro dos propietarios de varios predios afectados, e ser imporible practica-la preceptiva notificación nos seus respectivos domicilios, publícase o presente edicto, de conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, para que sirva de citación en forma legal ós seguintes propietarios:

PropietarioSector (SUNP)Predio nº

Chenel Otero, Miguel276
Castro Tato, José María225
Hros. Vieiro Bao, Gabriel232
Martínez Couselo, Celso277
Suárez García, Isolina321
Rodríguez, José719
Tosar Gamallo, Carlos715
Hros. de la Peña Rifirnac, Luís759
Vázquez Sayar,Cayetano711
Figueirido Gómez, Luís133
Suárez Fernández, José1327
Guerra Piñeiro, Antonio1573
López Fernández, José e Dolores1564
Varela Gómez, Miguel156
Cancela Fandiño, Dolores151
Hros. Salgueiro Raposo, José1670
López Fernández, José1658

PropietarioSector (SUNP)Predio nº

García Campos, Jesús1655-A
López Fernández, José e Dolores16106
Sánchez Varela, Carmen1622
Castro Vidal, Carlos1653
Castro Vidal, Carlos1659
Hros. Álvarez García, Ramón1617
Vidal Rúa, Lucía1667
Hros. Salgueiro Raposo, José1625
Hros. Salgueiro Raposo, José1651
Calvo Lamela, Dolores16102

6379