Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 8.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 7/1997, servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público 7/1997 para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor (edificios situados na rúa Ramón Puga, 52, de Ourense), e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta dirección xerencia, en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), acorda

dar publicidade á adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor. Número de referencia da CCP: 874.

4. Data de adxudicación do contrato: 27 de xuño de 1997.

5. Criterios de adxudicación: prezo: 4 puntos; avaliación técnica, organizativa e materiais: 3 puntos; experiencia no sector: 3 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: seis.

7. Nome en enderezo de prestador do servicio: Maconsi, S.L.

(NIF: B.32011454), Avda. de Zamora, nº 61, baixo, 32005 Ourense.

8. Prezo: 377.699.712 ptas. IVE incluído, en cómputo anual.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: suplemento S, nº 64, do 2 de abril de 1997.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: nº 82, do 5 de abril de 1997.

11. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: nº 70, do 14 de abril de 1997.

Ourense, 22 de xullo de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

6098