Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 8.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de dous sistemas básicos de neuronavegación e arcos estereotáxicos para o C.H. Universitario de Santiago de Compostela e o C.H. Xeral-Cíes de Vigo. (SCC. 33/97. (Lote único).

1. Nome e enderezo do Servicio: Servicio Galego de Saúde, Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67. Fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: C.H. Universitario de Santiago de Compostela e C.H. Xeral-Cíes de Vigo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: dous sistemas básicos de neuronavegación e arcos estereotáxicos.

-Orzamento total: setenta e cinco millóns de ptas., IVE incluído (75.000.000 de ptas., IVE incluído)

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 12-7-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 19-7-1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 30-7-1997, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 1.500.000 ptas.

Definitiva: 3.000.000 de ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro os equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 29-7-1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

6179